Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  A Responsabilidade Social e o Goberno Corporativo
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia A Responsabilidade Social e o Goberno Corporativo Código V03M019V01109
Titulación
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Rodriguez Daponte, Maria del Rocio
Correo-e rocio@uvigo.es
Profesorado
Dopico Parada, Ana Isabel
Ferreiro Páramo, Senén
Herrero Hernández, Ana
Rodriguez Daponte, Maria del Rocio
Web
Descrición xeral Nas últimas décadas, a empresa deixou de ser un mero axente económico, encargado de fabricar productos e/ou prestar servicios para o consumidor final convirtíndose nun ente inserto no entorno social e medioambiental co cal interactúa. Neste contexto desenvolveuse a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) que representa un novo modelo de xestión ou paradigma empresarial, de xeito que as empresas e institucións xa non se cuestionan se a RSE é una moda pasaxeira.
Así, o interese e preocupación espertados co cambio de século pola RSE responde a unha realidade económica e social, presidida por escándalos de corrupción, a crise bursátil do ano 2000, os efectos negativos da globalización económica, o deterioro e a mayior preocupación medioambiental e todo elo leva a un contexto no cal a empresa convírtese nun axente social que ten que estar comprometido con todo o seu entorno, non só co económico senón tamén co social e medioambiental.
A principal idea de RSE consiste en que unha organización ten a obriga de traballar para acadar unha mellora do benestar social, pódese asumir esta obligación de xeito voluntario ou pode ser imposta polas distintas autoridades. Baixo esta filosofía o cumprimiento da lexislación vixente podería considerarse como unha acción de RSE. Non obstante, considérase que unha organización é socialmente responsable cando asume obligacións a un nivel superior ao cumprimiento das normas económicas e legais.
Ante esta realidade nos primeros anos do século XXI podemos afirmar que dous términos adquiriron unha especial relevancia, “crecemento sostible” e “responsabilidade social da empresa”.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000