Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
 Materias
  Fundamentos e Estrutura da Avaliación de Impacto Ambiental
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Fundamentos e Estrutura da Avaliación de Impacto Ambiental Código V03M019V01105
Titulación
Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Piñeiro Garcia, Maria del Pilar
Correo-e otremo@uvigo.es
Profesorado
Calzadilla Bouzón, Carlos
Pérez Vázquez, Maria Jesús
Piñeiro Garcia, Maria del Pilar
Web
Descrición xeral A materia denominada “Fundamentos e Estrutura da Avaliación de Impacto Ambiental” constitúe, xunto coa denominada “Desenvolvemento da Avaliación de Impacto Ambiental (AIA)” o corpo do módulo formativo de “AVALIACIÓN AMBIENTAL DE PROXECTOS”.

A utilización da Avaliación de Impacto Ambiental como instrumento preventivo para o control ambiental de proxectos, comezou nos anos 60 en Estados Unidos de América. Tamén o Banco Mundial e outras institucións financeiras, viñan xa esixindo un procedemento de análise similar, para controlar o comportamento ambiental naqueles proxectos que ían financiar.

A partires de 1980 convértese, no marco da Unión Europea, nunha ferramenta obrigatoria para determinados tipos de proxectos.

Inda que o percorrido en Europa achégase xa aos 30 anos, é certo que hasta finais do século XX non colle forza en España, e tense acuñado escasa experiencia na primeira década da súa aplicación.

Hoxe en día, as novas tecnoloxías, o despegue económico, o incremento da preocupación e información en materia de medio ambiente e a mellora progresiva da cualificación e formación ambiental, dos técnicos de institucións públicas e privadas, está a permitir un despegue importante desta ferramenta de xestión.

Tamén é importante destacar o papel que, nesta evolución, teñen representado outras directivas europeas non relacionadas de xeito directo coa Avaliación de Impacto Ambiental, como son a Directiva INSPIRE, de acceso público á información cartográfica xerada con fondos públicos, e as Directivas que establecen os piares para o acceso a información e participación pública en materia ambiental.

Este despegue conduce a esta disciplina a un nivel de profesionalización novo que require cada vez coñecementos máis especializados e aplicación de técnicas avanzadas (modelización, cartografía temática, utilización de ferramentas de análise socioeconómico, etc.). E, ao mesmo tempo, precisa de profesionais cunha importante visión global da problemática ambiental e capacitados para o traballo en equipos multidisciplinares.

Esta materia, denominada “Fundamentos e Estrutura da Avaliación de Impacto Ambiental”, pretende ser facilitadora da visión global e da necesidade de integración do desenvolvemento industrial co medio ambiente, ao tempo que debe conseguir que o alumno se manexe con comodidade e seguridade no ámbito dun procedemento administrativo con marcado carácter técnico e certa complexidade procedimental.

Sen embargo, será necesario completar o percorrido polo módulo, estructurado en dúas materias, esta primeira de carácter máis formal e a segunda de carácter máis técnico, para que o alumno conte cos coñecementos e habilidades necesarios para participar, como profesional, nun equipo de Avaliación de Impacto Ambiental.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000