Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos claves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras estarán dedicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de historia económica; as restantes sesións estarán destinadas a exposición do temario.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa do estudantado.
Traballos de aula O traballo de aula é unha instancia para socializar, decantar e sintetizar os coñecementos adquiridos na preparación da sesión.
Concíbese o traballo de aula como un proceso de aprendizaxe continuado.
Previamente a celebración da sesión de traballo, os materiais distribuidos polas docentes deben ser traballados polo alumnado (lectura, esquema ou síntese), quen terá que amosar na aula o nivel de consolidación do seu aprendizaxe.
Traballáranse temas monográficos en cada sesión
Titoría en grupo Desenvolveránse actividades heteroxéneas, dirixidas a resolución de dúbidas e a consolidación dos coñecementos e habilidades adquiridas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000