Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Historia: Historia económica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Mediante esta metodoloxía, co apoio audiovisual, presentarase de maneira sintética, secuencial e motivadora os aspectos claves dos contidos fundamentais da materia.
As primeiras sesións estarán adicadas a ofrecer unha visión panorámica da materia e conceptos básicos de historia económica; as restantes sesións estarán destinadas a exposición do temario.
A pesar de que o método destas sesións é fundamentalmente expositivo, promoverase a participación activa do estudantado.
Seminario Nos seminarios traballaranse temas monográficos e requerirán algún traballo previo de preparación por parte do estudantado.
É una instancia para socializar, depurar e sintetizar os coñecementos adquiridos na preparación
da sesión.
Concíbese como un proceso de aprendizaxe continuado.
Engloban actividades heteroxéneas, diseñadas dacordo a obxetivos e contidos diversos.
Comprenden entre oturas: análises e /o de comentarios de series estadísticas, gráficos ou textos, resolución de exercicios, discusión de documentos históricos, ou ben a realización dun esquema, síntese ou mapa conceptual do material previamente distribuido.
Todas estas tarefas realizaranse individualmente ou por equipos de traballo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000