Resolución de problemas e/ou exercicios |
Proba Escrita de resolución de exercicios e problemas |
12 |
A2
|
B4
|
C5 C9
|
|
Seminarios |
Observación Sistemática e Proba Escrita, a realizar durante cada seminario |
10 |
A3 A4
|
B2 B11
|
C9 C10 C32
|
D3 D10 D14 D17
|
Para superar a materia, o alumno deberá de: 1. Asistir aos Seminarios de Aprendizaxe Colaborativo e ás Prácticas de Laboratorio (só nestas últimas permítese unha única falta de asistencia, por causa de forza maior, sempre que se xustifique documentalmente). En caso contrario, haberanse de realizar en cursos seguintes. 2. Superar cun mínimo de 5 puntos sobre 10 o test sobre o tema de Traballo Tutelado, a realizar durante o semestre. En caso contrario, o alumno deberá entregar o tema manuscrito, nas convocatorias de xaneiro, xullo ou nas convocatorias oficiais de cursos seguintes. 3. Alcanzar unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no Primeiro e Segundo parcial de teoría, na proba de Prácticas de Laboratorio (a realizar ao final da semana de prácticas), e na de Resolución de Exercicios. Calquera delas será recuperable nas convocatorias de xaneiro ou seguintes.
A cualificación final do alumno será a obtida do sumatorio das notas porcentuadas de cada actividade e exame, sempre que se cumpran os requisitos 1 a 3. En caso contrario, a nota final corresponderá á nota media das actividades suspensas.
Probas de Autoavaliación: trátase de cuestionarios on-line, de curta duración e carácter voluntario, a realizar na aula desde Faitic, sobre grupos de temas do programa teórico da materia. En función das cualificacións obtidas nestes tests, o alumno poderá incrementar ata 1 punto a nota final da materia, sempre que supere os 4,5 puntos sobre 10.
En caso de non aprobar a materia, o alumno conserva as notas das probas e actividades superadas durante o curso, tendo que recuperar unicamente as suspensas, no exame de xullo ou nas convocatorias OFICIAIS de cursos seguintes. |