Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é preciso ter realizado a totalidade das probas e encomendas de carácter obrigatorio formuladas durante o curso. Para aprobar a materia é preciso obter como mínimo unha nota media de aprobado no conxunto das probas. Os alumnos que opten pola avaliación única serán examinados exclusivamente mediante unha única proba, correspondente ao conxunto da materia, que terá lugar na data establecida no calendario de exames aprobado en xunta da FFT. Os alumnos que sigan o procedimento de avaliación continua e non teñan superado o conxunto de probas e traballos establecidos, ou perderan a posibilidade de continuar ese sistema de avaliación (non realización dos traballos ou tests, apreciación de plaxio ou copia en algún dos traballos...), perderán esa convocatoria e deberán dar conta novamente do conxunto da materia. Tamén poderán acudir á convocatoria de xullo ou a convocatorias posteriores. A convocatoria de xullo tamén consistirá nunha única proba, correspondente ao conxunto da materia, e será de tipo test / resposta curta, tanto no caso dos alumnos de avaliación continua como nos de avaliación única. Esta proba terá lugar na data e hora marcadas no calendario de exames da FFT. Os alumnos e alumnas de intercambio poderán optar por examinarse mediante avaliación continua ou avaliación única. Neste último caso poderán optar por unha proba específica consistente no desenvolvemento por escrito dos contidos teóricos da materia e que poderán realizar en galego-portugués, inglés, español ou francés. |