Ningún traballo tutelado poderase dar por finalizado ata que non obteña a cualificación de apto. Na cualificación total representa un valor do 20%. O valor da exposición dos traballos e das exposicións orais en aula e seminarios representa o 20%. O valor das probas de resposta curta será tomado en conxunto, proporcionando até un 20% da cualificación final. O valor total do portfolio poderá supor o 30% da cualificación final. Comporán esta cualificación tres elementos: - o recompilado para os seminarios (valor xa determinado co 10 por cento no seu apartado) - o recompilado como traballo voluntario (valor xa determinado co 10 por cento no seu apartado) - o recompilado como exercicios de final dos temas que se realizan para a preparación das probas de resposta curta: o 10 por cento. Esta última porcentaxe é o que se computa aquí cun 10 Como se ve, a proposta de traballo permite desenvolver diversas estratexias de aprendizaxe poñendo especial atención no traballo autónomo. En consecuencia ofrécense multitude de materiais, ligazóns e
documentos. O tipo de materia require facer máis fincapé nos aspectos reflexivos,
polo que na segunda convocatoria teranse en conta os mesmos criterios. Haberá que
facer unha proba mixta oral e escrita para poder avaliar todos os requirimentos
metodolóxicos que se mencionan neste apartado 7. As partes superadas xa durante a avaliación continua que
formaron parte da cualificación en convocatoria ordinaria gardaranse para a
segunda convocatoria. |