Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Computación concorrente, paralela e distribuída
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Probas e exercicios de programación cos que se pretende comprobar se o alumnado alcanzou os resultados de formación e aprendizaxe da materia.
Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
30 A2
A5
B2
B5
C6
C7
C8
C9
D3
Exame de preguntas obxectivas Cuestionarios (dous como mínimo) compostos maioritariamente por preguntas con diferentes alternativas de resposta, coas que se pretende comprobar se se alcanzaron os resultados de formación e aprendizaxe da materia.
Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
30 A2
A5
B2
B5
C6
C7
C8
C9
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Cuestionario final que inclúe preguntas de diferentes tipos coas que se pretende comprobar se se alcanzaron os resultados de formación e aprendizaxe da materia.
Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
40 A2
A5
B2
B5
C6
C7
C8
C9
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

PROBAS PARCIAIS: 

Descrición: cuestionarios realizados ó longo da materia

Metodoloxía aplicada: prácticas con apoio das TIC

% Cualificación: 30%

% Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5

Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2 A5 B2 B5 C6 C7 C8 C9 D3

Resultados previstos na materia avaliados: RA1 RA2 RA3 RA4 RA5

------------------------------

PRÁCTICAS

Descrición: prácticas a realizar sobre os contidos da materia 

Metodoloxía aplicada: prácticas con apoio das TIC

% Cualificación: 30%

% Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5

Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2 A5 B2 B5 C6 C7 C8 C9 D3

Resultados previstos na materia avaliados: RA1 RA2 RA3 RA4 RA5

------------------------------

EXAME FINAL

Descrición: Cuestionario final que inclúe preguntas de diferentes tipos 

Metodoloxía aplicada: exame de preguntas de desenvolvemento

% Cualificación: 40%

% Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5

Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2 A5 B2 B5 C6 C7 C8 C9 D3

Resultados previstos na materia avaliados: RA1 RA2 RA3 RA4 RA5

------------------------------

  • En todas as metodoloxías/probas deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10
  • O alumnado deberá subir obrigatoriamente unha foto tipo carné ao perfil da plataforma Moovi nas 2 primeiras semanas do curso.
  • Finalizado o prazo de elección de modalidade de avaliación, o alumnado que realice algunha actividade avaliable, calquera que sexa o tipo, e que non teña optado polo sistema de avaliación global, seguirá o procedemento de avaliación continua descrito anteriormente.
  • Se un/ha estudante non se presenta a algunha das actividades de avaliación, asignaráselle unha cualificación de 0 nela.
  • Se un/ha estudante abandona a avaliación continua para asistentes tendo sido xa avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a convocatoria, e non poderá optar na mesma polo sistema de avaliación global

SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

EXAME FINAL

Descrición: Cuestionario final que inclúe preguntas de diferentes tipos 

Metodoloxía aplicada: exame de preguntas obxectivas, prácticas con apoio das TIC, exame de preguntas de desenvolvemento

% Cualificación: 100%

% Mínimo: deberá obterse unha cualificación igual ou superior a 5

Resultados de formación e aprendizaxe avaliados: A2 A5 B2 B5 C6 C7 C8 C9 D3

Resultados previstos na materia avaliados: RA1 RA2 RA3 RA4 RA5

Os alumnos que sigan o procededemento de avaliación global deberán presentarse a un exame con preguntas e exercicios de diversos tipos no que deberá obter unha nota superior a 5 sobre 10 para aprobar

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA

Empregarase o sistema de avaliación global exposto anteriormente.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na avaliación. En caso de que non se dea esta situación, a cualificación final máxima será 4 (SUSPENSO).

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas das probas correspondentes
ao sistema de avaliación continua publicaranse no calendario de
actividades, dispoñible na páxina web da ESEI
https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

As datas oficiais de
exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de
Centro da ESEI, atópanse publicadas na página web da ESEI
https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/


EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES

Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou electrónicos e ordenadores portátiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudiante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Abstenerse de la utilización o la cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos oficiales de la universidad".

COMISIÓN DE FRAUDE ACADÉMICA

Lémbrase a a todo o alumnado que, segundo o artigo 3.2 do Regulamento de Réxime Disciplinario do Estudantado da Universidade de Vigo, considéranse faltas moi graves:
"e) Alterar, falsificar, subtraer ou destruír documentos académicos ou aplicacións e sistemas informáticos da Universidade así como utilizar documentos ou declaracións falsos ante a universidade.
...
i) Suplantar a unha persoa que integra a comunidade universitaria no seu labor propio ou prestar o consentimento para ser suplantado, en relación coas actividades universitarias."
Lémbrase tamén que, segundo o mesmo Reglamento, artigo 3.3, considéranse faltas graves:
"d) Cometer fraude académica, cando non constitúa falta moi grave.
e) Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual."
O artigo 3.5 indica que "De conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, enténdese como fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico."

CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS

As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000