Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Deseño de arquitecturas de grandes sistemas de software
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Deseño de arquitecturas de grandes sistemas de software Código O06G151V01407
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Informática
Coordinador/a
Ribadas Pena, Francisco José
González Peña, Daniel
Correo-e dgpena@uvigo.es
ribadas@uvigo.es
Profesorado
González Peña, Daniel
Ribadas Pena, Francisco José
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Esta materia abarca todo o proceso de enxeñaría de software pero centrándose en sistemas software de grandes dimensións. Neste tipo de sistemas as técnicas e ferramentas habituais en enxeñaría do software requiren un maior grao de complexidade na distribución de tarefas e obxectivos xerais do sistema. Coméntanse tamén as diversas aptitudes necesarias para enfocar o desenvolvemento de grandes sistemas de software desde un punto de vista orientado a compoñentes e cunha perspectiva de produción industrial: as denominadas factorías de software.

Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000