Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Física: Sistemas dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As persoas matriculadas nesta materia que opten pola modalidade de avaliación continua teñen que facer unha serie de prácticas no laboratorio de Electrónica. Ditas prácticas consistirán na montaxe e/ou simulación de diversos circuítos. O seu enunciado publicarase oportunamente en Moovi (https://moovi.uvigo.gal). A súa influencia na nota final da primeira oportunidade de avaliación detállase no Apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
As persoas matriculadas nesta asignatura que opten pola modalidade de avaliación global non teñen que facer as prácticas de laboratorio.
Competencias avaliadas: todas
Resultados previstos da materia: todos
20 A1
B4
B5
B6
B8
C2
C3
C10
C14
C27
C32
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento As persoas matriculadas na materia que opten pola modalidade de avaliación continua teñen que facer 2 exames escritos, valorado cada exame cun máximo de 4 puntos. En ditos exames exporanse diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia. O primeiro exame farase cando transcorra (aproximadamente) a metade do período lectivo. A data de dito exame publicarase oportunamente na páxina web da materia, en Moovi (https://moovi.uvigo.gal). A súa duración non superará as 2 horas. O segundo exame farase ao finalizar o cuadrimestre, na data indicada no calendario oficial de exames, publicado en http://www.esei.uvigo.es.
As persoas matriculadas nesta asignatura que opten pola modalidade de avaliación global teñen que facer 1 examen, na data indicada no calendario oficial de exámees, publicado en http://www.esei.uvigo.es.
A cualificación dos exames así como a súa influencia na nota final detállase no apartado Outros comentarios sobre a Avaliación.
Competencias avaliadas: todas
Resultados previstos da materia: todos
80 A1
B4
B5
B6
B8
C2
C3
C10
C14
C27
C32
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modo de avaliación: as persoas matriculadas na materia que queiran ser avaliadas mediante o modo de evaluación global deben de notificalo por escrito ao profesor de teoría antes de que transcorran as 4 primeiras semanas do período lectivo. De non facelo así serán avaliadas mediante o modo de avaliación continuo.

1ª oportunidade de avaliación, modo de avaliación continuo: as competencias adquiridas se avaliarán mediante unha serie de prácticas de laboratorio (valoradas en conxunto cun máximo de 2 puntos) e dous exames escritos (valorado cada exame cun máximo de 4 puntos).

Prácticas de laboratorio: a realización de cada unha das prácticas consta de dúas etapas. A primeira etapa consiste en resolver o problema (ou problemas) de deseño que se expón no enunciado da correspondente práctica. Dita tarefa debe facerse durante o tempo destinado a actividades non presenciais, antes do día que haxa que ir ao laboratorio a montar e/ou simular o circuito (ou circuitos) a deseñar. A segunda etapa consiste en ir ao laboratorio de Electrónica a montar e/ou simular o funcionamento do circuíto (ou circuítos) deseñado, cuxo esquema deberá levarse ao laboratorio debuxado nunha folla de papel. É obrigatoria a asistencia a todas as prácticas. A non asistencia a unha práctica conleva unha nota de 0 puntos pola realización de dita práctica. Si unha persoa non leva ao laboratorio, resolto nunha folla de papel, o problema (ou problemas) de deseño exposto no enunciado dunha práctica, a cualificación pola realización de dita práctica será de 0 puntos. Si unha persoa que asista ao laboratorio a facer unha práctica non é capaz de explicar cómo resolveu o problema (ou problemas) de deseño que se expón no enunciado dunha práctica, a cualificación pola realización de dita práctica será de 0 puntos. Non se gardan as prácticas feitas en cursos pasados. 

Exames: ambos exames constarán de diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia, explicados previamente nas clases de teoría. A non asistencia a un exame conleva unha nota de 0 puntos en dito exame. 

Cualificación: no caso de obter unha nota igual ou superior a 1 punto pola realización das prácticas de laboratorio (valoradas no seu conxunto entre 0 e 2 puntos) e unha nota igual ou superior a 2 puntos en cada exame (valorado cada exame entre 0 e 4 puntos), a nota que se pondrá na acta será igual á suma das notas que se obteñan pola realización das prácticas de laboratorio e os dous exames. No caso de que a nota que se obteña pola realización das prácticas de laboratorio sexa inferior a 1 punto (valoradas no seu conxunto entre 0 e 2 puntos) e/ou a nota que se obteña nalgún dos exames sexa inferior a 2 puntos (valorado cada exame entre 0 e 4 puntos), a nota que se pondrá na acta será igual á suma das notas que se obteñan nos dous exames, limitándoa a un máximo de 4 puntos.

Competencias avaliadas: todas 

Resultados de aprendizaxe avaliados: todos

1ª oportunidade de avaliación, modo de avaliación global: as competencias adquiridas se avaliarán mediante un exame escrito, valorado entre 0 e 10 puntos, o cal constará de diversas cuestións e problemas acerca dos contidos desta materia. O exame farase ao finalizar o cuadrimestre, na data indicada no calendario oficial de exames, publicado na seguinte páxina web: http://www.esei.uvigo.es.

Calificación: a nota final que se pondrá na acta será igual á nota que se obteña no exame, valorado este entre 0 e 10 puntos.

Competencias avaliadas: todas 

Resultados de aprendizaxe avaliados: todos

2ª oportunidade de avaliación e Fin de Carreira, modos de avaliación continua e global: as competencias adquiridas se avaliarán mediante un exame escrito (valorado entre 0 e 10 puntos). Dito exame constará de diversas cuestións e problemas sobre os contidos da materia e se fará na data indicada no calendario oficial de exames, publicado na seguinte páxina web: http://www.esei.uvigo.es. 

Cualificación: a nota que se pondrá na acta será a que se obteña no exame, valorado este entre 0 e 10 puntos.

Competencias avaliadas: todas 

Resultados de aprendizaxe avaliados: todos

Normas relativas ás clases, aos exames, ás titorías e ás revisións dos exames

_ Nos exames débese responder ás distintas cuestións e problemas empregando correctamente a simboloxía normalizada ANSI/IEEE Std. 991-1986. De non facelo así, non se puntuará o correspondente exercicio. Hai que xustificar todos os resultados que se obteñan. De non facelo así non se puntuará o correspondente exercicio. Á hora de puntuar un exercicio non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta. Con independencia de todas as posibles solucións matemáticas ou electrónicas que poida ter un problema, só se valorarán aquelas que teñan sentido desde o punto de vista da Electrónica e da Enxeñería. Se de acordo co enunciado dun problema pódense expor varias solucións, a única que se puntuará será aquela cuxa implementación requira a utilización dun menor número de compoñentes, a vez que un menor número de compoñentes distintos, sendo estes o máis sinxelos que sexa posible. 

_ Non se corrixirá ningún exercicio que presente faltas de ortografía ou ben caracteres ou símbolos ilexibles. Tampouco se corrixirá ningún exercicio escrito con lapis ou con bolígrafo de cor vermella ou verde. 

_ Non se corrixirá ningún exame ao que lle falte algunha das follas do enunciado ou ben algunha das follas que se faciliten para responder as preguntas do exame. Non se pode fotografar o enunciado dos exames. 

_ Durante os exames non se poden utilizar nin ter á vista libros, apuntamentos, calculadora, teléfono móbil, tablet etc. Se durante un exame unha persoa utiliza ou ten á vista un teléfono móbil, non se lle corrixirá dito exame e poñeráselle un cero na correspondente convocatoria. No caso de detectar a unha persoa copiando nun exame, a cualificación final será de supenso (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. Durante a revisión dun exame non se pode ter á vista un teléfono móbil ou tablet. 

_ Non se pode fotografar un exame e en caso de facelo poñeráselle un cero na correspondente convocatoria. Tampouco se pode fotografar o que escriban os profesores da materia nos encerados durante as clases ou gravar (audio e/o vídeo) as clases teóricas, as clases prácticas e as titorías. 

_ Á hora de deseñar un circuíto hai que utilizar o menor número de compoñentes (portas lóxicas e/ou bloques funcionais) que sexa posible. Non se poden inventar compoñentes (portas lóxicas e/o bloques funcionais). Só se poden utilizar compoñentes comerciais ou unha ampliación dos mesmos no que se refire ao número de entradas e/ou de saídas. 

_ Non se gardan as prácticas feitas en cursos pasados. 

_ Penalizarase poñer compoñentes nun problema que non teñan utilidade algunha en relación a dito problema.

_ Á hora de debuxar un diagrama de estados que describa o comportamento dun sistema secuencial ou ben se utiliza un modelo de tipo Moore ou ben se utiliza un modelo de tipo Mealy. En ningún caso se admitirá como válido outro tipo de modelo (ou representación).

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/. 

As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS

As tutorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000