Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Informática: Programación I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas obxectivas Probas que inclúen preguntas con diferentes alternativas de resposta, coas que se pretende comprobar se se alcanzaron as competencias da materia.

Presencial individual (2 probas, 20% cada unha).

Non presencial individual (varias probas, 5% en total).

Presencial grupal (varias probas, 5% total).

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA4, RA6.
50
CE3
CE4
CE5
CE12
CE13
CT8
CT13
CT18
CT24
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de programación coa que se pretende comprobar se o alumnado alcanzou as competencias da materia.

Presencial individual (1 proba).

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6.
50
CG8
CE3
CE4
CE5
CE12
CE13
CT8
CT18
CT24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou electrónicos e ordenadores portátiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto del Estudiante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Abstenerse de la utilización o la cooperación en procedimientos fraudulentos en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos oficiales de la universidad".

CRITERIOS DE AVALIACIÓN - PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

  • ALUMNADO ASISTENTE

O alumnado que realice algunha actividade avaliable, calquera que sexa o tipo, seguirá o procedemento de avaliación coas metodoloxías indicadas na táboa indicada no apartado de avaliación.

Se un/ha estudante abandona a avaliación continua para asistentes tendo sido xa avaliado/a dalgún contido da materia, considerarase que ten suspensa a convocatoria, e non poderá optar na mesma pola modalidade de non asistente.

  • ALUMNADO NON ASISTENTE

- Exame de preguntas obxectivas: proba que inclúe preguntas con diferentes alternativas de resposta, coa que se pretende comprobar se se alcanzaron as competencias da materia.

- Porcentaxe na cualificación: 40%.

-
Competencias avaliadas: CB, CG8, CE3, CE4, CE5, CE7, CE12, CE13, CE25,
CE28, CT1, CT2, CT5, CT8, CT9, CT10, CT12, CT13, CT15, CT16, CT18, CT19,
CT20, CT21, CT22, CT24.

- Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6.

- Resolución de problemas e/ou exercicios: proba na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou
exercicios nun tempo/condicións establecido/as, coa que se pretende comprobar se se alcanzaron as competencias da materia.

- Porcentaxe na cualificación: 60%.

- Competencias avaliadas: CB, CG8, CE3, CE4, CE5, CE7, CE12, CE13, CE25, CE28, CT1, CT2, CT5, CT8, CT9, CT10, CT12, CT13, CT15, CT16, CT18, CT19, CT20, CT21, CT22, CT24.

- Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6.



CRITERIOS DE AVALIACIÓN - SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Empregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para alumnado non asistente.


PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Independentemente da convocatoria, para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou
superior a 5 sobre 10 en todas e cada unha das partes que interveñen na
avaliación. En caso de que a cualificación resultante sexa igual ou
superior a 5,
pero algunha das partes estea suspensa, a cualificación final máxima
poderá ser de ata 4 (SUSPENSO).


DATAS OFICIAIS DE PROBAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web  http://esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000