Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Calidade de Vida para as Persoas Maiores
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
A2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras
A3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
A7 Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade
A8 Planificar e organizar traballos tutelados, sendo capaz de buscar e analizar información procedente de diferentes fontes, obter e analizar datos e elaborar con corrección un informe relacionado con algún dos módulos do mestrado
A9 Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade
A12 Ser capaz de emitir unha valoración crítica sobre programas, materiais e prácticas educativas e socio-educativas relacionadas coa diversidade
A13 Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000