Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
Materias
Xénero, violencia e intervención social
Avaliación
Descrición Cualificación
Probas de tipo test Nas clases maxistrais o alumnado, de forma periódica, contestará a unha proba tipo test; de forma que, se logra, sistemáticamente, os coñecementos avaliados quedará exento do exame final. No caso de non adquirir os coñecementos básicos, os estudiantes terán que facer unha proba final, tipo test, sobre o temario.
A data do exame oficial estará exposto na páxina web da Facultade de Ciencias da Educación consultar http://webs.uvigo.es/educacion-ou/
50
Outras Seminarios. Serán sesións prácticas na aula. O/A alumno/a analizará diferentes materiais (artígos, capítulos de libro, probas de avaliación, programas de intervención, material audiovisual, entre outros) relacionados coas temáticas da materia. Suporá un 20% da nota.
Traballos tutorizados. O alumnado realizará traballos, en grupo, sobre o material estudiado nos seminarios, que serán supervisados polo profesor nas sesións de pequeno grupo. Suporá un 30% da calificación final.
50

Outros comentarios sobre a Avaliación

Darase unha resposta axustada ás necesidades concretas de cada alumno en particular, considerando a súa modalidade de matrícula ou posibilidade de asistencia.
Alumnos presenciales. Alumnos matriculados a tempo completo.

a) Exame.-Para avaliar a adquisición dos contidos da guía aplicaranse, de forma periódica, probas tipo test; a calificación obtida supón o 50% da nota final. Cabe significar que os contidos que se superen non teñen que ser avaliados, novamente, nas subseguintes probas. Estas vanse efectuar con antelación á data oficial, que establece a Facultade de Educación (ver, tableiro de anuncios e páxina Web da Facultade). Polo tanto, só terán que se presentar, a proba final, os/as alumnos/as que non superaron as probas que se foron realizando ao longo do cuatrimeste. As calificacións obtidas faranse publicas na plataforma FAITIC.

b) Traballos.-Para avaliar as competencias trasversais e específicas da materia valórase a evolución e o nivel de profundización e calidade dos traballos, tanto presenciais como non presenciais, efectuados ao longo do cuatrimestre. A puntuación obtida suporá o 50% da nota final. A planificación dos traballos é progresiva e as entregas son periódicas. A descrición dos traballos, as datas de entrega e as calificacións quedarán expostas na plataforma FAITIC.
Alumnos non presenciais. Matriculados a tempo parcial

a) Exame.- Para avaliar a adquisición dos coñecementos da guía aplicaranse probas tipo test, a calificación obtida supón o 50% da nota final. A proba é a mesma que para alumnos presenciais. Cabe significar que os contidos que se superen no teñen que ser, novamente, avaliados nas subseguintes probas. Estas vanse efectuar con antelación á data oficial que establece a Facultade de Educación (ver, tableiro de anuncios e páxina Web da Facultade). De modo que, só terán que se presentar, a proba final, os alumnos que non superaron as probas que se foron realizando ao longo do cuatrimeste.

b) Traballos.-Para avaliar as competencias trasversais e específicas da materia valórase a evolución e o nivel de profundización e calidade dos traballos non presenciais, efectuados ao longo do cuatrimestre. A puntuación obtida suporá o 50% da nota final. A entrega dos traballos lévase a cabo; con antelación á data do exame oficial. A descrición dos traballos, as datas de entrega e as notas quedarán expostas na plataforma FAITIC da Uvigo.

Segunda convocatoria, xullo.
Valoración da evolución do progreso alumnado na adquisición de competencias
O alumnado tanto presencial como non presencial só se ten que examinar dos contidos e destrezas que non chegou a superar na convocatoria de xuño, ao conservarse a calificación das competencias adquiridas. A calificación final é resultado do nivel de competencia conseguida, con relación aos obxectivos da materia, na convocatoria de xuño e xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000