Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase a comprensión do sector escollido para o traballo; a fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc 30
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a resolución de casos prácticos, o exercicio de rol-playing, análise de situacións-problema, o contraste de datos, hipóteses, reflexión, ampliación de coñecementos e traballo autónomo. 10
Presentacións/exposicións Valorarase o traballo en equipo e a transmisión oral e visual (gráfica) e a exposición a realizar polo alumnado ante as docentes e o grupo de estudantes dun sector de intervención previamente escollido.Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado. Valoración das lecturas obrigatorias e a análise de textos. 20
Probas de tipo test Proba escrita de carácter individual (40% da cualificación final), encargarase dos elementos conceptuais da materia. As preguntas poderán ser tipo test con dúas alternativas de resposta ou pregunta corta. Dita proba cualificarase de igual xeito para asistenciais e non asistenciais.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non
ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

As persoas non presenciais, terán que entregar antes da finalización de curso, un proxecto individual de intervención nun dos sectores a escoller por parte do alumnado, onde se reflictan os coñecementos e destrezas aprehendidas.Este traballo esixiráselles ás "persoas non asistenciais" a maiores de todo aquelo que se lle solicite ao conxunto do alumnado mediante a avaliación contínua e que figura neste apartado de metodoloxías de avaliación. Dito traballo será obrigatorio e cualificarase como apto ou non apto.

A aplicación da transversalidade de xénero e a linguaxe non sexista serán tidas en conta na avaliación contínua de xeito positivo.


De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000