Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Comprensión do desenvolvemento da materia na parte teórica e práctica.

Sesión maxistral Exposición por parte das profesoras na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais.
Traballos tutelados Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...Asesoramento por parte das profesoras na aula e en titorías grupais.
Traballo en grupo. Titorías grupais: supervisión de traballos.
Estudo de casos/análises de situacións Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema referidas aos distintos ámbitos de intervención. Profundizarase nos modelos/estratexias de intervención e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnose e adestramento en procedementos alternativos de solución.
Seminarios Actividades enfocadas ao coñecemento sobre os sectores específicos de intervención, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. Convite a profesionais externos dos ámbitos concretos de traballo ou ponentes de prestixio que permiten completar os contidos da materia e unha aproximación á praxe profesional cotiá.
Presentacións/exposicións Traballo persoal dos e das estudantes. Exposición por parte do alumnado ante as docentes e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado.Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000