Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e ámbitos profesionais
   Contidos
Tema Subtema
Bloque introductorio: Do xeral ao específico. Introdución aos diferentes ámbitos profesionais en Traballo Social. Concepto de área e sector. Identificación das principais áreas e sectores de intervención. Identificación dos diferentes ámbitos de intervención do Traballo Social e das funcións e rol profesional. Globalidade, interdisciplinariedade e especialización.Delimitación e conceptualizacións básicas referidas ás principais áreas e sectores de intervención. Atención comunitaria e especializada.
1º bloque temático: O TRABALLO SOCIAL NO ÁMBITO DA SAÚDE: Particularización da intervención profesional e campo problemático. Delimitacións de funcións e obxectivos no marco da actuación sectorial.

Traballo social en saúde. Atención Primaria de Saúde e Traballo social hospitalario.
Traballo social e saúde mental.
Traballo social nas asociacións cidadás de saúde e autoaxuda.
Traballo social e adicións.
Traballo social en dependencia e diversidade funcional.
Características do espazo de intervención, problemática obxecto de intervención, funcións, competencias e rol do/a traballador/a social, programas de intervención neste ámbito.
2º bloque temático: O TRABALLO SOCIAL NO ÁMBITO COMUNITARIO: Particularización da intervención profesional e campo problemático. Delimitacións de funcións e obxectivos no marco da actuación sectorial.
O terceiro sector: A relación do traballo social co tecido asociativo, sindical, ONGs, movimentos sociais. Rol do/a traballador/a social no tecido asociativo. O voluntariado. A desciudadanización dos sectores populares.
Traballo social no ámbito educativo.
Traballo social no ámbito da xustiza.
Traballo social, vivenda e urbanismo.
Características do espazo de intervención, problemática obxecto de intervención, funcións, competencias e rol do/a traballador/a social, programas de intervención neste ámbito.
3º bloque temático: O TRABALLO SOCIAL NOS NOVOS CONTEXTOS DE INTERVENCIÓN: Particularización da intervención profesional e campo problemático. Delimitacións de funcións e obxectivos no marco da actuación sectorial. Área de Emprego e Inserción.
O libre exercicio profesional
Marqueting social e instrumentos de comunicación.
Peritaxe social.
Traballo social empresarial
Xestión e dirección de servizos e equipamentos sociais.
Características do espazo de intervención, problemática obxecto de intervención, funcións, competencias e rol do/a traballador/a social, programas de intervención neste ámbito.





Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000