Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e mediación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Traballo social e mediación Código O05G220V01906
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Salgado Rodríguez, Eva María
Correo-e evasalgadorguez@hotmail.com
Profesorado
Salgado Rodríguez, Eva María
Web
Descrición xeral (*) A mediación é un medio para a xestión e transformación de conflictos ou situacións-problema que xeneran malestar, selo principal da nosa identidade como traballadores sociais. O contacto permanente coas persoas, familias, grupos e comunidades inmersas en conflictos ou en situacións potencialmente conflitivas avala aos traballadores sociais como principais profesionais da Mediación tal como sinala o Código Deontolóxico do Traballo Social aprobado na Asamblea Xeral do CGTS.

A Mediación forma parte xá dun ámbito específico dos Servizos Sociais debido ao aumento das rupturas matrimonias, separacións familiares, conflictos entre adolescentes e proxenitores, conflictos interxeracionais e aos novos modelos de familia que esixen respostas cada vez máis cualificadas e competencias básicas na intervención mediadora.

O alumnado debe preparase para experimentar o rol mediador, capacitarse para guiar ordenadamente, de xeito sistemático, construtivo e metodolóxico ás partes en conflicto asegurando que sexan as protagonistas e partícipes da súa resolución.

Esta materia presenta a Mediación como unha técnica innovadora dentro das competencias do traballo social e como un novo nicho de investigación e emprego para os futuros profesionais. Pretende relacionar o traballo social coa mediación como faceta principal do noso quefacer dende os inicios da profesión, como un medio de resolución pacífica de conflictos. Sinalará os métodos alternativos de resolución de problemas e os ámbitos de intervención: familiar, escolar, comunitaria, intercultural, sanitaria, organizacional, laboral, penal, civil e mercantil.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000