Seminarios |
Asistencia, participación e entrega da documentación requirida en cada un dos seminarios programados ao longo do curso (en horario de grupo mediano). |
10 |
Presentacións/exposicións |
Expoñer o traballo ao resto de compañeiras/os (con medios audiovisuais).
Defender publicamente o eu traballo, é dicir, debe responder as preguntas e as críticas dos seus compañeiros e compañeiras, e da docente. Poderá explicar, a modo de conclusión, os problemas cos que se topou durante a elaboración do traballo. |
5 |
Traballos e proxectos |
Realización e entrega por escrito do traballo a partir do guión proporcionado pola docente. |
5 |
Probas de resposta curta |
A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Para o primeiro bloque véxase probas de tipo test. O segundo bloque responderá a dous o tres preguntas de desenvolvemento. O valor deste bloque ascenderá a 2 puntos. |
20 |
A avaliación da/vos estudantes matriculadas/vos en a materia farase atendendo aos criterios explicitados nesta guía. a) Avaliación asistentes Esta modalidade implica:
- Asistencia (mínimo un 80%) e participación activa (sesión maxistral e seminarios) (1.5 puntos).
- Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA. http://faitic.uvigo.es (0,5 puntos).
- Exposición dun traballo que deberán entregar por escrito (2 puntos). Entregarase documentación con pautas e prazos para realización do traballo.
- Realización dun exame escrito. Modelo A (6 puntos).
A/vos alumna/vos que entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso. O cumprimento e superación desta modalidade exime ao estudante de responder ás preguntas relativas á parte non asistencial no exame final do curso. As cualificación obtida no apartado práctico desta modalidade asistencial será sumada posteriormente á obtida no exame da primeira convocatoria e, no seu caso, a segunda convocatoria (*). b) Avaliación non asistentes Esta modalidade implica:
- Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA http://faitic.uvigo.es Estableceranse prazos de entrega (1 punto) (*).
- Realización e entrega de dous comentarios críticos sobre unha selección de lecturas (1 punto). A comezo de curso deixarase na plataforma TEMA a documentación coa relación de lecturas, así como as pautas e os prazos de entrega.
- Realización dun exame escrito (6 puntos). Responder ás preguntas específicas sobre as lecturas no exame (2 puntos).
As e os estudantes que entreguen os traballos e exercicios fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso. As actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. Non se gardarán notas dun curso a outro. A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria de xullo. |