Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Inglés para traballadores/as sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma 20
Observación sistemática Técnicas destinadas a recompilar datos sobre a participación do alumno, baseados nun listado de condutas ou criterios operativos que facilite a obtencion de datos cuantificables. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Deste xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica pode ser presencial e non presencial. Pódense utilizar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais para ser avaliados a través das referidas ponderacións. Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima no apartado de resolución de problemas e/ou exercicios de 3,5 puntos. En caso de superar unha das partes da materia, conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo.


Cando a algún estudante non se lle poida cualificar a través da avaliación continua, este deberá realizar unha proba escrita dos contidos da materia que pondera ata 7 puntos da nota final e outra oral que pondera ata 3 puntos. Para superar a materia será preciso que obteña en cada unha das partes un 50% da cualificación establecida para cada apartado, é dicir 3,5 puntos na proba escrita e 1,5 puntos na proba oral. En caso de superar unha das partes da materia conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000