Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Traballo de Fin de Grao/O05G220V01991
Traballo social na incorporación social/O05G220V01908
Traballo social e ámbitos profesionais/O05G220V01907
Traballo social e cooperación ao desenvolvemento/O05G220V01905
Traballo social e mediación/O05G220V01906


 
Outros comentarios
PRERREQUISITOS: Para poder MATRICULAR/CURSAR o Prácticum, o alumnado deberá de ter superadas 8 das 10 materias seguintes, tal e como consta na última modificación do Plano de Estudios vixente: -Habilidades, instrumentos e técnicas en Traballo Social -Traballo Social individual e familiar -Servizos Sociais Especializados I -Proceso de Planificación en Traballo Social -Organización dos Servizos Sociais -Ética e Traballo Social -Conceptos, Teorías e Métodos en Traballo Social -Traballo Social Grupal e Comunitario -Servizos Sociais Especializados II -Xestión de Organizacións de benestar social RECOMENDACIÓNS: Recoméndase ao alumnado que atenda ao cumprimento dos deberes recollidos na normativa que regula o prácticum: Durante a permanencia do alumnado nas institucións externas recoméndase asistencia e puntualidade, actitude positiva e de aprendizaxe, participación e integración na institución e responsabilidade nas tarefas e actividades encomendadas. Ademais, para a realización da memoria das prácticas recoméndase unha boa organización e estructuración do traballo, boa presentación, adaptación aos contidos propostos, utilización de técnicas de rexistro axeitadas, utilización de fontes e documentación suficiente e axeitada e introducir aspectos novidosos, creativos e reflexivos. Outros aspectos relevantes: a coordinación elaborará protocolos específicos para o desenvolvemento das competencias, contidos e avaliación do Prácticum, que serán postos a disposición do alumnado a traverso da titorización académica no momento en que sexan precisos. Estes estarán adaptados a normativa de Prácticum, a presente guía docente e ó proxecto persoal do/a alumno/a, polas características específicas de cada institución. Todo o alumnado deberá de darse de alta na plataforma "Faitic", pois esta será utilizada como canle habitual para a difusión de materiais, documentos e anuncios
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000