Avaliación O prácticum é unha materia so realizable de xeito presencial, de forma que a súa avaliación sempre será en modalidade asistencial. Dito doutra forma non se poden faltar nin as clases preparatorias (Grupo B), nin as supervisións grupais (Grupos C) da Universidade como tampouco á institución, entidade ou empresa na que se realizan as prácticas. A materia soamente será avaliada si o/a estudante ten participado como mínimo nun 85% das horas totais que lle corresponden a esta materia, tal como estipula a Normativa de Prácticas da Uvigo (2021). As posibles inasistencias puntuais deben ser sempre comunicadas tanto ao docente titor/a académico e, de selo caso de estar xa incorporado na entidade, ao titor/a profesional, e terán que ser debidamente xustificadas con documentos acreditativos. A Coordinación do prácticum pode establecer a suspensión temporal do período de prácticas por situacións sobrevidas como enfermidades de longa duración. En todo caso, o tempo desta suspensión, como o da posible acumulación de inasistencias puntuais, será recuperado nas condicións que estableza a Coordinación de prácticum, quen consultará co docente titor/a do estudante e co titor/a profesional da entidade. A avaliación do prácticum verificará a capacidade efectiva de desenvolver tarefas concretas da actividade profesional, así como a adquisición das destrezas e aptitudes correspondentes. A avaliación terá carácter continuado a través da elaboración dun Dossier (0-1 punto), de casos presentados nos seminarios grupais e a asistencia á formación (0-3 puntos), da Memoria de practicas (0-2 puntos) e da valoración dos/as titores/as externos (0-4 puntos) ) a partir de su observación sistemática del
estudiante. Todas e cada unha destas partes deberá ser aprobada por separado, entendendo que o "apto" se atopa na metade do seu valor global (Dossier: 0,5; Casos: 1,5; Memoria: 1; titor profesional: 2). O/a docente titor/a académico da universidade será o responsable da síntese avaliativa do estudantado ao seu cargo. A cualificación final será numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente. Para superar a materia será necesario aprobar por independente cada unha das metodoloxías de avaliación. Isto é, non acadar unha nota mínima en cada unha destas modalidades suporá que o/a estudante teña que recuperala na 2ª convocatoria. As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. Si se suspende a materia en 2ª convocatoria, a Comisión do Practicum determinará si se pode gardar algunha nota dalgunha das modalidades para o curso seguinte. Será requisito necesario o depósito dunha copia da memoria de prácticas na institución colaboradora en formato e data establecida pola Coordinación. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade deEducación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ásnecesidades específicas de apoio educativo que presente o estudantado adscritoao programa PIUNE (PAT) Os horarios e datas da entrega final da memoria estarán publicados na web da Facultade e en Moovi. Na plataforma tamén se subirá un DOCUMENTO RESUMO DAS ENTREGAS coas orientacións necesarias para o alumnado. |