Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A coordinación do Prácticum fará una sesión informativa sobre o mesmo o día 4 de setembro, comunicando previamente hora e aula.
Obradoiros Serán desenvolvidos polos/as titores/as académicos/as co grupo de alumnado asignado durante a segunda e terceira semana de setembro. Horas e aula serán comunicadas ó alumnado polo/as responsables da titorización académica. Consistirán en activades e tarefas introductoridas ó campo de prácticas.
Outros Consistirán en supervisións individuais de cada alumno/a co/a seu titor/a académico/a, para o desenvolvmento e asesoramento do Prácticum cara a acadar un resultado positivo final. O alumnado terá 3 sesións, unha por mes (outubro, novembro e decembro).
Titoría en grupo Consistirá en supervisións grupais co/a titor/a académico/a asignado/a, nun marco de aprendizaxe colaborativo e reflexións sobre as competencias a acadar no Prácticum. O alumnado terá 3 sesión.
Prácticum Asistencia e realización de tarefas do proxecto de prácticas persoal do alumno na institución externa, baixo a titorización do profesional da institución de destino do Prácticum
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000