Probas de tipo test |
Probas de tipo test. Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. |
50 |
1. Modalidade de avaliación para estudantes asistentes. Como pode observarse a planificación do proceso ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Sendo así, esixiráselle ao alumnado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con listas de asistencia- non podendo faltar a máis de 5 clases prácticas durante o cuadrimestre dun total de 22 clases prácticas (distribuídas en 15 de grupo mediano e 7 de pequeno grupo). Subliñar que non chega con asistir á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do/a estudante. O avaliable son os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividadesben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas que supoñen, como xa se dixo, o 50 % da nota total da materia (só fará media coa teoría a partir dun 2,5).
Paran a valiacion da parte practica da modalidade asistencial,o profesor podera pedir a defensa individual ou grupal de cada una das practicas do cartafol dossier.
Quede expresamente claro que a docente non pedirá ao alumnado explicación ningunha de por que non acode á clase e, tendo en conta que a asistencia ás clases na universidade non son obrigatorias, tampouco aceptará «escusas» ou «desculpas» respecto das ausencias deste. Se o/a estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia, teráque optar pola segunda modalidade de avaliación (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamentodun familiar próximo; situacións das cales se solicitará acreditación). 2. Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes.Aqueles/as alumnos/as que opten por non asistir ás clases prácticas, ou non poidan, ou pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan máis de cinco faltas na parte práctica da materia (grupos medianos e pequeno grupo), terán que demostrar -igualmente que os seus/súas compañeiros/as- a adquisición das diferentes competencias da materia, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos procedementais e actitudinais. Isto farano nunha única proba ou exame final o día da convocatoria oficial. O exame neste caso suporá o 100 % da nota do/a estudante e nel diferenciaranse as preguntas da parte teórica (as vinte que terá todo o alumnado; 50 % da nota final) daquelas da parte práctica que realizarán por primeira vez (vinte preguntas; 50 % da nota final). A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e demostre ter adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a través de textos existentes na biblioteca, dos apuntamentos da clase e do asesoramento da docente por vía correo electrónico se así o desexa o/a estudante. As
actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre
poderán ser
recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións
previamente
conseguidas.
Convocatorias seguintes. Ao alumnado de modalidade asistencial, no caso de ter que concorrer á segunda convocatoria, gardaráselleas notas da parte teórica e/ou práctica aprobada (sempre que superen cun 2,5 cada unha destas partes). Os/As estudantes non asistentes terán que repetir novamente o exame completo. Non se gardarán notas de ningunha parte da materia , teoríca ou práctica, para o seguinte curso académico.
|