Código |
Descrición |
A5 |
Administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización |
A6 |
Demostrar competencia profesional no exercicio do traballo social |
A7 |
Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis adecuada de intervención |
A20 |
Preparar e participar nas reunións de toma de decisións co fin de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades |
A23 |
Administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigacións profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo |
A24 |
Contribuír á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade |
A26 |
Traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e «multiorganizacionais» co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de xeito construtivo os posibles puntos de vista existentes |
A27 |
Participar na administración e dirección de entidades de benestar social |
A28 |
Investigar, analizar, avaliar e utilizar o coñecemento actual das mellores prácticas do Traballo Social para revisar e actualizar os propios coñecementos sobre os marcos de traballo |
A29 |
Traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional utilizando coñecementos e técnicas profesionais como medio para xustificar decisións, reflexionando criticamente sobre as mesmas e utilizando a supervisión como medio para mellorar e avaliar o exercicio profesional |
B2 |
Capacidade de organización e planificación |
B8 |
Capacidade de xestión da información |
B11 |
Traballo en e con equipos diversos |
B12 |
Traballo en equipo de carácter interdisciplinar |
B21 |
Liderado |
B22 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
B23 |
Motivación pola calidade |