Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Habilidades, técnicas e instrumentos en traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios
O alumnado para garantir o desenvolmento da materia deberá traer realizas as tarefas encomendadas para cada sesión do seminario (esquema das lecturas e/ou resolución de exercios/estudio de caso, así como a súa exposición cando lles corresponda). Só poderá ser avaliado positivamente neste apartado si cumpre coas tarefas solicitadas de forma correcta (en tempo e forma)
10 máximo
Probas de tipo test Proba tipo test de resposta única. Constará de 20 ou 40 preguntas baixo o sistema de acertos-erros. Cada erro descontará 0'25. O número de preguntas netas para aprobar serán 26 (no caso de 40 preguntas e 13 no caso de 20). Versará sobre os contidos da materia desenvolvidos nas sesións maxistrais e nos seminarios. 40 máximo
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización por escrito e de forma individual dunha proba práctica, en relación cos estudios de caso e exercicios prácticos desenvolvidos ó longo do semestre. Farase un proba práctico con caracter liberatoria previo o examen oficial. 50 máximo
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas (seminario, probas tipo test e proba práctica). Non poderá ser avaliado o alumnado que non cumpra coas tarefas encomendadas (en tempo e forma) para os seminarios e exercicios prácticos.

Advírtese o alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rixe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial.

SISTEMAS DE AVALIACIÓN

1.-ALUMNADO ASISTENCIAL: será considerado como tal aquel que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais e un 80% nos seminarios.  En caso de non cumprir con este requisito serán avaliados como o alumnado non asistencial. As probas e puntuacións son as que constan nas metodoloxías de avaliación, e deben estar aprobadas cada unha por independente para poder superar a asignatura.

2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL: aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ás clases (maxistral e seminario). Este alumnado será avaliado deste xeito, deberá superar as mismas competencias que o alumnado asistencia nunha única proba final, que constará de varias partes independentes. O ser unha proba única o alumnado que non supere a primeira, é decir, o examen tipo test, non poderá presentarse a proba práctica. As probas a realizar son as seguintes (ao igual que os asistentes deberán aprobar por independente cada unha das probas abaixo explicitadas):

a.-Examen final na convocatoria oficial tipo test de 20 preguntas (igual formato e sistema de corrección que para os asistentes). Para aprobar serán necesario obter 13 preguntas netas (acertos-erros). Puntuará un 40%

b.-Entrega dun dossier cos traballos e exercicios prácticos desenvolvidos nos seminarios (deberá ser supervisado obrigatoriamente pola profesora previa presentación final). Puntuará un 10%

c.-Proba práctica: realización por escrito de casos e exercicios prácticos. Puntuará un 50%

ADVERTENCIA: O seguimento continua das actividades de aula, realizarase a traverso da Plataforma Faitic, polo tanto todo o alumnado matriculado debe estar inscrito en dita plataforma desde o inicio de curso.

SEGUNDA CONVOCATORIA

Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior.

As datas de exame pódense consultar to Taboleiro de anuncios da
Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no
seguinte enlace: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000