Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social individual e familiar
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Valoraranse as presentacións dos traballos e as exposicións dos exercicios/actividades solicitados ao estudantado de xeito individual e/ou en grupo. Dependendo do carácter da actividade as notas serán individuais ou para todos igual (p. ex. a presentación dun traballo colectivo proporcionará igual nota a todos/as os/as estudantes que o realizaron; a exposición dun traballo producirá notas individuais). Estas cuestións serán explicadas máis polo miúdo pola docente na aula.
A nota desta parte oscilará entre o 0-1 e valerá un 10 % da nota total da materia. Sumada ás dos traballos tutelados (20 %) e o cartafol/dosier (20 %) suporá o 50 % da nota total da materia.
A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a un 2.5.
10
Traballos tutelados Valoraranse os exercicios solicitados e presentados polo alumnado de xeito individual e/ou en grupo. Cando o traballo realizado sexa en grupo, cada un dos compoñentes deste obterá igual nota.
Esta nota oscilará entre o 0-2 e suporá ata un 20 % da nota total da materia que engadida ás das presentacións/exposicións (10 %) e o cartafol/dosier (20 %) suporá o 50 % da nota total da materia.
A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a un 2.5.
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Para os/as estudantes asistentes, o exame consistirá en cinco preguntas a desenvolver e/ou de relacionar da parte teórica da materia desenvolta nas sesións maxistrais e nos seminarios. Cada pregunta valerá de 0 a 1 puntos. A nota obtida no exame da parte teórica será o 50 % da nota total, obtendo o/a alumno/a un máximo de 5 puntos. A nota da parte teórica só fará media coa nota da parte práctica se é igual ou superior a un 2.5
Da parte práctica o alumnado xa foi avaliado ao longo do curso a través dunha avaliación continua sobre os diferentes exercicios e actividades solicitadas, podendo acadar nesta parte un máximo de 5 puntos. Polo tanto, os/as estudantes asistentes non terán que examinarse da parte práctica da materia nesta proba se obtiveron nela un mínimo dun 2.5.
Esixirase que o estudantado saiba escribir correctamente e sen faltas ortográficas (acentos gráficos e abreviaturas incluídas), que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizar así como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera del que saiba expresarse con corrección e de acordo co nivel que esixe un ciclo universitario usando unha terminoloxía axeitada a este rexistro lingüístico. Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá que reflectirse nesta proba.
Respostas mal estruturadas, mal puntuadas, con faltas ortográficas ou linguaxe inapropiada imposibilitarán acadar a puntuación máxima da pregunta (1 punto).
50
Cartafol/dossier Cada estudante, de xeito individual, deberá presentar un cartafol/dosier dos exercicios realizados ao longo do cuadrimestre de xeito individual e/ou en grupo. O cartafol serve para rexistrar nun documento de recollida as actividades teórico-prácticas desenvoltas polo alumnado durante o desenvolvemento da materia.
O cartafol será supervisado polo profesor nas sesións cos pequenos grupos.
A nota outorgada ao cartafol oscilará entre o 0-2 e suporá un 20 % da nota total da materia, que sumada ás notas dos traballos tutelados (20 %) e ás notas polas presentacións/exposicións (10 %) suporá o 50 % da nota total da materia.
A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a un 2.5
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Modalidade de
avaliación para estudantes asistentes.
Como pode observarse a planificación deste proceso de ensinanza-aprendizaxe
concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas
actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso, en especial
naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer
e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Sendo así, esixiráselle ao
alumnado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con listas
de asistencia- non podendo faltar a máis de 6 clases prácticas durante o cuadrimestre
dun total de 26 clases prácticas distribuídas en 12 de grupo mediano e 14 de
pequeno grupo. Subliñar que non chega con asistir á clase, nin que o que se
avalía é a asistencia do/a estudante. O avaliable son os resultados do proceso
de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben
realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas que
supoñen, como xa se dixo, o 50 % da nota total da materia (só fará media coa
teoría a partir dun 2.5). Quede expresamente claro que os docentes non pedirán ao
alumnado explicación ningunha de por que non acode á clase e, tendo en conta
que a asistencia ás clases da universidade non son obrigatorias, tampouco
aceptará «escusas» ou «desculpas» respecto das ausencias
deste. Se o/a estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia,
terá que optar pola segunda modalidade de avaliación (coa única excepción de
enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamento dun familiar
próximo).

2. Modalidade de
avaliación para estudantes non asistentes. Aqueles/as alumnos/as que opten por non asistir ás clases prácticas, ou non
poidan, ou pretendendo ser «estudantes
asistentes» teñan máis de seis
faltas na parte práctica da materia (grupos medianos e pequeno grupo), terán
que demostrar -igualmente que os seus/súas compañeiros/as- a adquisición das
diferentes competencias da materia, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos
procedementais e actitudinais. Isto farano nunha única proba ou exame final o
día da convocatoria oficial. O exame neste caso suporá o 100 % da nota do/a
estudante e nel diferenciaranse as preguntas da parte teórica (as cinco que
terá todo o alumnado; 50 % da nota final) daquelas da parte práctica que
realizarán por primeira vez (cinco preguntas ou varios casos prácticos; 50 % da nota final). A parte
teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica
recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba
responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao
longo do curso e demostre ter adquiridas as competencias específicas da materia.
Esta parte pode estudala a través de textos recomendados existentes na biblioteca, dos
apuntamentos da clase e do asesoramento dos docentes por vía correo electrónico
se así o desexa o/a estudante.

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás
clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

3.Convocatorias seguintes. Ao alumnado de modalidade asistencial, no caso de ter que concorrer á
segunda proba, gardaráselle as notas da parte teórica e/ou práctica
aprobada (sempre que superen cun 2.5 en cada unha destas partes). Os/As estudantes non asistentes terán
que repetir novamente o exame completo. Non se
gardarán notas de ningunha parte da materia -teoría ou práctica- para o
seguinte curso académico. As
actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre
poderán ser
recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións
previamente
conseguidas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000