Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social individual e familiar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte da docente, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumnado. Desenvolverase esta metodoloxía en gran grupo.
Saídas de estudo/prácticas de campo De ser posible realizaranse visitas a institucións prestadoras de servizos sociais que gardan relación co ámbito da intervención individual e familiar.
Presentacións/exposicións Exposición, por parte do alumnado, ante a docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto etc. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo. Desenvolverase en grupo mediano.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Empregaranse como complemento das clases teóricas. Desenvolverase en grupo mediano.
Traballos tutelados Os/As estudantes, de xeito individual ou en grupo, elaborarán aqueles exercicios que se lles encomenden relacionados coa temática da materia e coa súa aprendizaxe. Este traballo será supervisado polos docentes no que atinxe á procura e recollida de información, á estruturación correcta do traballo, ao manexo de bibliografía, á boa redacción, á presentación, á exposición etc. Esta supervisión realizarase en pequeno grupo.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto, a reunir información sobre o alumnado e a presentar a metodoloxía docente, a avaliación e os contidos xenéricos da materia. Desenvolverase esta metodoloxía en gran grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000