Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social individual e familiar
   Contidos
Tema Subtema
Introdución á materia. Qué é o traballo social individual e familiar. De qué partes se compón a materia. Metodoloxía docente. Avaliación
TEMA 1: Historia do Traballo social a nivel individual e familiar Introdución á historia do traballo social individual e familiar. Nacemento e evolución do Case-work: M.E.Richmond, O.Hill, G.Hamilton, F.Hollis H.H.Perlman. A intervención individual e familiar a día de hoxe.
TEMA 2: Teorías que explican ao "individuo" e a "familia" Diferentes correntes no estudo da familia. 1) As teorías institucionais: 1.1 o evolucionismo, 1.2 o funcionalismo, 1.3 as teorías do conflito. 2) As teorías interactivas: 2.1 O interaccionismo simbólico, 2.2 A teoría de rol, 2.3 A teoría conductista do intercambio, 2.4 As teorías psicodinámicas, 2.5 A teoría existencial, 2.6. As teorías do desenvolvemento e os ciclos de vida familiar. 3) A familia dende un enfoque de xénero.
TEMA 3: Modelos e estratexias de intervención con individuos e familias O modelo diagnóstico ou psicosocial. O modelo centrado na resolución do problema. O modelo de modificación de conducta. A intervención en situación de crise. O modelo centrado na tarea. O modelo sistémico.
Estrucutra básica do procedemento na intervención con individuos, familias e infancia. Técnicas, instrumentos e soportes documentais específicos na intervención do profesional do traballo social con individuos, familias e infancia
TEMA 4: A familia: conceptualización, intervención dende o traballo social e recursos asociados A familia: definición, características e funcións. O ciclo vital das familias. Roles familiares. Tipos de familia no III milenio. Familias monoparentais. Familias numerosas. Familias con membros dependentes. Familias en situación de risco (de exclusión social, excluídas socialmente, migrantes). Familias en proceso de ruptura. Familias disfuncionais. Familias desestruturadas. Familias con situacións de violencia intrafamiliar (violencia de xénero, violencia a filio-parental, maltrato de anciáns, maltrato infantil). Protocolos contra a violencia de xénero. Protocolos contra o maltrato infantil. Recursos asociados
TEMA 5: A infancia: conceptualización, intervención dende o traballo social e recursos asociados A infancia: definición social e xurídica. A situación da infancia no mundo. A infancia en Europa. O crecemento saúdable dos nenos e das nenas na familia. Situacións de risco. Situacións de desamparo. A Protección social do menor. Recursos ante a desproteción social do menor: os programas de educación familiar; o acollemento (tipos); a adopción nacional e internacional (características, requisitos, procedemento). Menores en conflito social. A responsabilidade penal dos menores. Centros de menores (tipos).
Outros recursos, servizos, equipamentos e programas de atención á infancia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000