Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social individual e familiar
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballar e valorar de xeito conxunto con persoas e familias as súas necesidades, limitacións, dificultades, malestares e circunstancias. Traballar coas persoas e as familias para que sexan autosuficientes e con capacidade para manifestar as súas necesidades, desexos, puntos de vista e circunstancias. Interactuar con persoas e familias, para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, considerando a diversidade cultural -e polo tanto a especificidade das minorías étnicas, culturais, lingüísticas...-, a esixencia de promover a igualdade entre homes e mulleres, a necesidade de tender cara a unha sociedade ambientalmente sustentable e de defender os valores da paz. Interactuar para conseguir cambios, para promover o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen co fin de preparar a finalización da intervención
saber
saber facer
Saber estar / ser
A1
A3
A8
A11
B1
B3
B4
B6
B8
B9
B10
B16
B17
B18
Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas e familias, e con outros profesionais
saber
saber facer
A2
B1
B3
B4
B6
B16
Demostrar competencia profesional no exercicio do traballo social, establecendo, minimizando e administrando o risco cara a un mesmo e os colegas a través da planificación, revisión e seguimento de accións para limitar o estrés e o risco. Administrando e sendo responsables do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigacións profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo. Administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización
saber
saber facer
Saber estar / ser
A5
A6
A22
A23
B9
B10
B11
B14
B16
B17
B18
B19
B21
B22
B23
Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis adecuada de intervención, investigando, analizando, avaliando e usando o coñecemento actual das mellores prácticas do Traballo Social para revisar e actualizar os propios coñecementos sobre os marcos de traballo.Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención. Responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados
saber
saber facer
Saber estar / ser
A7
A9
A10
A28
B1
B3
B16
Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o fornecemento de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas co fin de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes. Considerar os deberes éticos da profesión relativos ao sistema cliente a respecto da confianza, a proximidade, a afectividade, as relacións igualitarias, o respecto á diversidade cultural, etc . Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificándoos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.
saber
saber facer
Saber estar / ser
A12
A30
B1
B4
B8
B9
B10
B11
B14
B16
B17
B18
B19
Traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran o devandito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos. Utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa de conflitos. Traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional utilizando coñecementos e técnicas profesionais como medio para xustificar decisións, reflexionando criticamente sobre as mesmas e utilizando a supervisión como medio para mellorar e avaliar o exercicio profesional Xestionar e presentar historias e informes sociais manténdoos completos, fieis, accesibles e actualizados como garantía na toma de decisións e valoracións profesionais; con especial precaución a respecto do dereito dos usuarios e das usuarias á confidencialidade, ao segredo profesional e á protección de datos
saber
saber facer
Saber estar / ser
A15
A17
A25
A29
B1
B2
B3
B4
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B21
B22
B23
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000