Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social europea
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia, participación e entrega da documentación requirida en cada un dos seminarios programados ao longo do curso (en horario de grupo mediano). 15
Titoría en grupo
Asistencia e participación ás entrevistas que o/a estudante mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvo de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe en xeral e seguimento do traballo. Entrega da documentación requirida nos prazos determinados en horario de Grupo Pequeno (avaliación contemplada nos apartado Traballos e proxectos).
10
Prácticas autónomas a través de TIC Conexión ao Programa TEMA http://faitic.uvigo.es/ para a realización das actividades propostas (exercicios, foros, entrega e recepción de documentos, etc.) así como seguimento da materia en xeral. 5
Traballos e proxectos Realización e entrega do traballo a partir do guión proporcionado polo/a docente. Exposición e defensa do traballo realizado. 20
Probas de tipo test A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Un primeiro bloque composto por 30 preguntas tipo test. O valor deste bloque ascenderá a 4 puntos. O segundo bloque, véxase probas de resposta curta.
Data de realización: veáse en http://webs.uvigo.es/educacion-ou/
40
Probas de resposta curta A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Para o primeiro bloque véxase probas de tipo test. O segundo bloque responderá a dúas preguntas de desenvolvemento. O valor deste bloque ascenderá a 1 punto.
Data de realización: http://webs.uvigo.es/educacion-ou/
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da/vos estudantes matriculadas/vos en a materia farase atendendo aos criterios explicitados nesta guía.

a) Avaliación asistentes

Esta modalidade implica:

  • Asistencia (mínimo un 80%) e participación activa (sesión maxistral e seminarios) (1.5 puntos).
  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA. http://faitic.uvigo.es/ (0,5 puntos).
  • Asistencia, participación e entrega de documentación requirida (Grupo Pequeno). Exposición dun traballo que deberán entregar por escrito (3
    puntos).   
  • Realización dun exame escrito. Modelo A (5 puntos).

As/os alumna/os que
entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos
acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso.
O cumprimento e superación desta modalidade exime ao estudante de responder
as preguntas relativas á parte non asistencial no
exame final do curso. A cualificación obtida no apartado
práctico desta modalidade asistencial será sumada posteriormente á
obtida no exame da primeira convocatoria e, no seu caso, a
segunda convocatoria.

b) Avaliación non asistentes

Esta modalidade implica:


  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA
    http://faitic.uvigo.é/. Estableceranse prazos de entrega (1 punto).



  • Realización e entrega de dous comentarios críticos sobre unha selección de lecturas (1 punto). A comezo
    de curso deixarase na plataforma TEMA a documentación coa
    relación de lecturas, así como as pautas e os prazos de entrega
    .


  • Realización dun exame escrito (6 puntos). Responder as preguntas específicas sobre as lecturas no exame (2 puntos).

As
e os estudantes que entreguen os traballos e exercicios fóra dos
prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada
caso. 

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás
clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

Datas de examen:
Convocatoria ordinaria: 22 Decembro – 10h00
Convocatoria extraordinaria: 9 Xullo – 12h00

Convocatoria de Xullo

De non ser superada a materia, as competencias non adquiridas na 1ª convocatoria
poderán ser avaliadas na convocatoria de Xullo.

A 1ª
convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no
expediente académico. A cualificación faise efectiva na
convocatoria de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000