Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Estrutura social
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Traballar e valorar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades, limitacións, dificultades, malestares e circunstancias
A2 Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, e comunidades e con outros profesionais
A4 Actuar preventivamente e na resolución das situacións de risco para a cidadanía, para si mesmo/a e para os colegas de profesión
A5 Administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización
A9 Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención
A12 Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o fornecemento de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas co fin de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes. Considerar os deberes éticos da profesión relativos ao sistema cliente a respecto da confianza, a proximidade, a afectividade, as relacións igualitarias, o respecto á diversidade cultural, etc
A15 Traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran o devandito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos
A16 Analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián como soporte para revisar e mellorar as estratexias profesionais que deben dar resposta ás situacións sociais emerxentes
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de organización e planificación
B3 Capacidade reflexiva
B4 Comunicación oral e escrita nas linguas nativas
B8 Capacidade de xestión da información
B11 Traballo en e con equipos diversos
B14 Habilidades nas relacións interpersoais
B16 Razoamento crítico
B18 Aprendizaxe autónoma
B20 Creatividade
B22 Iniciativa e espírito emprendedor
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000