Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Métodos e técnicas de investigación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Os seminarios desenvolveranse nos Grupos Medianos, planificando actividades enfocadas ao traballo de investigación sobre o tema específico elixido polo alumnado, que permita profundizar nos contidos da materia (Estudo piloto). Complementarán as clases teóricas. A asistencia será necesaria para poder acadar a cualificación deste apartado.
Representa o dez por cento da nota final.
Traballos tutelados
Os grupos serán de (3-4 alumnos). Cada un deles obterá a mesma nota. Na valoración dos traballos avaliaránse aspectos e criterios como o rigor científico con que foron desenvolvidas as diferentes fases da investigación, a capacidade do alumno para ser creativo na forma de presentar, analizar e sintetizar os resultados, así como as reflexións persoais que realicen ao final do traballo.
Representa o vinte por ciento da nota final.
Presentacións/exposicións
Valoraranse as exposicións dos traballos, exercicios, actividades solicitadas aos alumnos. A avaliación será individual ou en grupo, segundo sexa o traballo presentado
Representa o dez por cento da nota final.
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Os alumnos entregarán a ficha  ao profesor no primeiro mes de clase, especificando o tipo de asistencia elixido. Nos criterios de avaliación final da materia teranse en conta todo o conxunto de aspectos incluídos nos diferentes apartados desta Guía Docente, directamente vinculados co seguimento do ritmo de aprendizaxe do alumno, tomando como punto de partida a observación sistemática diaria do profesor desde o primeiro día de clases.

A) Criterios específicos de avaliación para alumnado asistente

Serán alumnos asistentes os que teñan unha asistencia mínima, dun 80% nas Sesións Maxistrais e un 80% nos Seminarios. As puntuación que poden acadar por apartados serán:

1.- Proba tipo test  (ata un máx. de 6 puntos) e mín. de 3. Cunha puntuación inferior a 3, non se acadaría a puntuación positiva na materia.
2.- Traballos tutelados (ata un máx. de 2 puntos), que sumarán a puntuación do apdo. 1
3.- Seminarios (máx. 1 punto), que sumarán aos apdos. (1,2) serán sesións prácticas utilizando as fontes documentais da materia, recursos informáticos e outros que estean relacionados cos temas da materia.
             Para acadar a máxima puntuación nos apdos. (2,3)  será obrigatoria a asistencia. Tamén se valorará a participación actidude e seguimento no seu ritmo de aprendizaxe. Para aprobar a materia será necesario acadar unha puntuación mínima de cinco, unha puntuación inferior indica que o alumno non acadou os obxectivos mínimos da materia.


B) Criterios específicos de avaliación para alumnado NON ASISTENTES

Deberán poñerse en contacto co profesor canto antes, pero alomenos no primeiro mes de clases. As puntuacións que poden acadar serán as seguintes:

1.- Proba tipo test (máx. 7 puntos)
2.- Traballo tutelado (máx. 3 puntos)

C) Segunda convocatoria 

Os alumnos que non acaden positivamente algunha das partes de que consta a avaliación desta materia, poderán recuperala na convocatoria de xullo.

D) O sistema de cualificacións expresarase numéricamente, dacordo co establecido no artigo 5 do RD 1125/2003 de 5 de setembro (BOE do 18), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións unviersitarias de carácter oficial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000