Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Psicoloxía: Psicoloxía social Código O05G220V01303
Titulación
Grao en Traballo Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Fernández González, Ángel
Correo-e afdez@uvigo.es
Profesorado
de Jesús Rodríguez, María Elena
Fernández González, Ángel
Web http://http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
Descrición xeral A Psicoloxía Social forma parte do plan formativo da titulación de Traballo Social como unha materia de carácter fundamental ou básica de cara á comprensión do comportamento humán e á intervención no mesmo.
A materia de Psicoloxía Social ofrece contribucións relevantes a nivel teórico, metodolóxico, así como práctico de cara ao curriculum formativo en Traballo Social, na medida en que trata temas que teñen que ver cos procesos psicosociais básicos que subxacen ao comportamento social (as bases nas que se asenta ese comportamento, a percepción de persoas e coñecemento social, relacións sociais, comunicación, comportamento prosocial e agresivo, etc.), as actitudes, e os grupos.
Deste xeito adecúase ao perfil da titulación e aporta coñecementos útiles para os e as profesionais que traballen no ámbito do Traballo Social na medida en que teñen que estar capacitados para realizar intervencións en contextos sociais e institucionais (nos que viven individuos, grupos, familias, organizacións e comunidades); participar na formulación e avaliación de políticas, servicios e iniciativas sociais; contribuir á cidadanía activa mediante o empowerment e a garantía dos dereitos humáns e sociais, e, traballar na prevención dos problemas sociais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000