Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Organización dos servizos sociais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Saídas de estudo/prácticas de campo Visitas a institucións prestadoras de servizos sociais.
Presentacións/exposicións Exposición, por parte do alumnado, ante o docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio ou proxecto. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Empregaranse como complemento das clases teóricas.
Traballos tutelados O estudantado, de xeito individual ou en grupo, elaborará aqueles exercicios que se lle encomende relacionados coa temática da materia e coa súa aprendizaxe, será supervisado e tutelado pola profesora sobre o que se refire á procura e recollida de información, á lectura e manexo de bibliografía, á redacción, á presentación, á exposición etc.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto, reunir información sobre o alumnado e a presentar a metodoloxía docente, a avaliación e os contidos xenéricos da materia.
Traballos de aula O/A estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión dos docentes.
Outros Poderanse propoñer outras actividades destinadas a manter un contacto o máis achegado posible á realidade dos servizos sociais: comentario de novas, visita de expertos, etc...
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos, bases teóricas e/ou directrices sobre a materia obxecto de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000