Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Estatística: Estatística aplicada á investigación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Ao principio do curso proporáselle ao alumnado un ensino presencial cunha avaliación continua, que constará dunha proba obxectiva ao finalizar cada tema, composta por 15-20 preguntas tipo test. Este tipo de avaliación resulta moi conveniente nunha materia de carácter fundamentalmente metodolóxico como é a que nos ocupa. Iso implica unha verdadeira comprensión dos conceptos teóricos explicados, pois, por unha banda, precisa coñecer o que un termo específico denota e, por outra, traballar co mesmo nunha situación concreta. Deste xeito evítanse, concorrentemente, valoracións nesgadas positivamente como consecuencia dunha mera retención memorística. 45
Para a superación da materia é imprescindible ter realizadas todas as probas. Ata un 45 da nota final.
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Entrega do caderno de prácticas cos casos resoltos. 45
Ata un 45 da nota final.
Outras Asistencia y participación 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN DOS PROCESOS E RESULTADOS DE APRENDIZAXE. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

En coherencia coa proposta metodolóxica presentada defendemos unha proposta holística de avaliación. Por unha banda, unha avaliación inicial ou diagnóstica ó inicio de cada unidade temática, mediante a formulación de cuestións abertas relativas ao tema específico que se vai abordar, coa finalidade de sondear os coñecementos previos que os estudiantes teñen. En segundo lugar, apostaremos por unha avaliación de proceso, que nos permita facer un seguimento da aprendizaxe dos estudiantes, dos progresos do grupo e, na medida que sexa posible (polo número de alumnos/as), de cada individuo.  Para facer posible esta avaliación faremos uso da observación sistemática, das titorías e da análise de tarefas.  E, por último, a avaliación final na que se terán en conta diferentes aspectos, valorados segundo o grado de  asistencia e seguimento por parte dos estudiantes, polo que nesta materia contémplanse diferentes opcións para estudiantes asistentes e non asistentes.

1.- Criterios específicos de avaliación para ASISTENTES.

Considéranse alumnas/os asistentes os que asistan a un mínimo do 80% das clases teóricas e do 80% das clases prácticas. As actividades puntuadas son ás seguintes:

1. Probas tipo test (ata 4,5 puntos).

2. Probas de prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas (ata 4,5 puntos). Estableceranse prazos de entrega consesuados entre o profesor e o alumno/a.

3. Asistencia, participación e actitude nas clases teóricas e prácticas (ata 1 punto). A avaliación da docencia de aula levarase a cabo co seguimento das actividades propostas; a avaliación da docencia de prácticas, mediante control da participación, ademais de calquera outro requisito esixido para o seu desenvolvemento.

É obrigatorio realizar todas ás actividades. Para obter unha avaliación positiva e, en consecuencia, superar a materia será preceptivo alcanzar a nota mínima de 2,25 puntos na primeria e segunda actividade, e de 0,50 puntos na terceira. O non obter estas puntuacións supón non ter alcanzado os obxectivos mínimos da materia na súa totalidade.

2.- Criterios específicos de avaliación para NON ASISTENTES.

Deben falar co profesor nas  dúas primeiras semanas de clases. As actividades puntuadas son ás seguintes:

1. Proba global tipo test (ata 5 puntos). A proba será similar ás dos asistentes, e o material será o mesmo.

2. Proba de prácticas de execución de tarefas reais e/ou simuladas (5 puntos). Terá que ser presentada escrita e oralmente ao profesor. Estableceranse prazos de entrega consesuados entre o profesor e o alumno/a.

É obrigatorio realizar todas ás actividades. Para obter unha avaliación positiva e, en consecuencia, superar a materia será preceptivo alcanzar a nota mínima de 2,50 puntos en cada unha das actividades. O non obter estas puntuacións supón non ter alcanzado os obxectivos mínimos da materia na súa totalidade.

3.- Segunda convocatoria.

As competencias non superadas derivadas da totalidade ou de parte ddas probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na convocatoria de Xullo.

NOTA IMPORTANTE: A ficha terase que entregar nas dúas primeiras semanas de clases, deixando constancia do tipo de asistencia elixida e grupo.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000