Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Introdución ao traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Valoraranse as presentacións dos traballos e as exposicións dos exercicios/actividades solicitados ao estudantado de xeito individual e/ou en grupo. Dependendo do proceso final da actividade as notas serán individuais ou unha común para o grupo. A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a un 2.5. 10
Traballos tutelados Valoraranse os exercicios solicitados e presentados polo alumnado de xeito individual e/ou en grupo. A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a un 2.5. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Para os/as estudantes asistentes, o exame consistirá en preguntas a desenvolver e/ou de relacionar da parte teórica da materia desenvolta nas sesións maxistrais e nos seminarios. A nota obtida no exame da parte teórica será o 50 % da nota total, obtendo o/a alumno/a un máximo de 5 puntos. A nota da parte teórica só fará media coa nota da parte práctica se é igual ou superior a un 2.5.
<br>Da parte práctica o alumnado xa foi avaliado ao longo do curso a través dunha avaliación continua sobre os diferentes exercicios e actividades solicitadas, podendo acadar nesta parte un máximo de 5 puntos. Polo tanto, os/as estudantes asistentes non terán que examinarse da parte práctica da materia nesta proba se tivesen acadado como mínimo un 2,5. Esixirase que o estudantado saiba escribir correctamente e sen faltas ortográficas, que saiba ler comprensivamente, analizar e sintetizar así como resumir o lido ou escoitado nas aulas. Tamén se espera que o alumnado saiba expresarse con corrección e de acordo co nivel que esixe un ciclo universitario usando unha terminoloxía axeitada a este rexistro lingüístico. Todo isto constituirá parte da avaliación do alumnado e, en todo caso, terá que reflectirse nesta proba.
Respostas mal estruturadas, mal puntuadas gramaticalmente, con faltas ortográficas ou linguaxe inapropiada imposibilitarán acadar a puntuación máxima da pregunta.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Data de exames:

A data oficial de exames é a que figura na sección "Exames 14/15" do Grao de Traballo Social no site da facultade: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/estudos/2013-08-08-12-51-38/grao-traballo-social

2. Modalidade de avaliación para estudantes asistentes: Como pode observarse a planificación deste proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Sendo así, esixiráselle ao alumnado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con listas de asistencia- non podendo faltar a máis de 5 clases prácticas durante o cuadrimestre dun total de 21 clases prácticas distribuídas en 12 de grupo mediano e 9 de pequeno grupo. Subliñar que non chega con asistir á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do/a estudante. O avaliable son os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas que supoñen, como xa se indicou, o 50 % da nota total da materia (só fará media coa teoría a partir dun 2.5). Debe ficar claro que o docente non pedirá ao alumnado explicación algunha de por que non acode ás aulas e, tendo en conta que a asistencia ás aulas da universidade non son obrigatorias, tampouco aceptará «escusas» ou «desculpas» respecto das ausencias deste. Se o/a estudante deixa de asistir á aula, sexa cal sexa a circunstancia, terá que optar pola segunda modalidade de avaliación (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamento dun familiar próximo). 

3. Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes: Aqueles/as estudantes que opten por non asistir ás aulas prácticas, ou non poidan facelo, ou pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan máis de cinco faltas (5) na parte práctica da materia (grupos medianos e pequeno grupo), terán que demostrar -igualmente que os seus/súas compañeiros/as- a adquisición das diferentes competencias da materia, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos procedementais e actitudinais. Isto farano nunha única proba ou exame final o día da proba oficial. O exame neste caso suporá o 100 % da nota do/a estudante e nel diferenciaranse as preguntas da parte teórica daquelas da parte práctica. A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba responder aos contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e demostre ter adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a través da bibliografía da materia e dos apuntamentos da clase.

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás aulas, o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación. 

Para ambas modalidades, de non ter superado a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.

4. Convocatorias seguintes. A nota da 1ª proba, no caso de non superar a materia, non consta definitamente no expediente académico. A cualificación definitiva faise efectiva na 2ª proba da materia en xullo. De non realizarse esta última proba de xullo, entón si figurará como definitiva a nota acadada na 1ª proba.

Ao alumnado de modalidade asistencial, no caso de ter que concorrer á segunda proba de xullo, gardaránselle as notas da parte teórica e/ou práctica aprobada na 1ª proba sempre que superen cun 2.5 cada unha destas partes.

Os/As estudantes non asistentes terán que repetir novamente o exame completo.

Non se gardarán notas de ningunha parte da materia -teoría ou práctica- para o seguinte curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000