Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Introdución ao traballo social
   Contidos
Tema Subtema
Introdución á materia. Que é a acción social? Que é o traballo social? Por que é interesante saber da historia da acción social e da historia do traballo social? Metodoloxía docente. Avaliación.
TEMA 1: Historia da acción social. Introdución á historia da acción social. A axuda ao necesitado na Antigüidade. O cristianismo e a caridade nos inicios da Idade Media europea. Formas de acción social na Idade Media europea: esmola, axuda mutua e apoio público. Concepción da pobreza e Reformas na acción social a partir do século XII.
TEMA 2: Antecedentes do traballo social J.L.Vives e Vicente de Paúl: precedentes do traballo social. O debate sobre a pobreza no Renacemento. Contexto sociopolítico das revolucións industrial e ilustrada. Formas de asistencia social a partir do século XVIII: filantropía e beneficencia. Outros autores relevantes como antecedentes do traballo social
TEMA 3: Nacemento e evolución do traballo social Marco histórico-social do século XIX. A cuestión social. A estruturación da axuda ao necesitado no século XIX. A asistencia social na COS (Charity Organization Society). Mary Ellen Richmond: o nacemento do traballo social. Jane Addams. A consolidación do traballo social: profesión e disciplina. Os primeiros centros de formación e as primeiras organizacións profesionais.
TEMA 4: Orixe e evolución do traballo social en España Breve referencia histórica á acción social en España. Concepción Arenal: precedente do traballo social no estado español. A beneficencia no período franquista. Nacemento e desenvolvemento do traballo social no estado. A FEDAAS. As etapas do traballo social en España. A construción do sistema de Servizos Sociais no estado e Galicia.
TEMA 5: O traballo social na actualidade Os novos retos sociais do século XXI. Nova formación para o traballo social: grao e posgrao. Organización colexial no estado e en Galicia. Organización institucional do traballo social no mundo. O traballo social internacional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000