Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Fundamentos dos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase o traballo do estudo das necesidades, así como a súa presentación e exposición. 20
Cartafol/dossier O alumnado deberá presentar un caderno-dosier do traballo realizado, persoal ou en grupo, referido ás actividades teórico-prácticas desenvolvidas dentro dos apartados do traballo na aula, estudo de casos e seminarios, traballos tutelados. Algúns destes traballos realizaranse de xeito individual na aula para a súa posterior cualificación dentro do proceso de avaliación contínua. 40
Probas de tipo test Exame teórico tipo test sobre os contidos da materia impartidos a través das clases maxistrais e dos seminarios. Constará de 40 preguntas con tres alternativas de resposta das cales só unha é verdadeira. O sistema de corrección será de acertos menos errores/2 (A-E/2), estando o corte do aprobado en 20 despóis de aplica-la fórmula. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade de avaliación para estudantes presenciais con asistencia regular 

A planificación deste proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do alumnado tanto nas clases teóricas coma nas prácticas. Considéranse estudantes con asistencia regular os que acudan a un mínimo do 80% das clases teóricas, clases prácticas e titorizacións en aula. A asistencia medirase mediante listaxes de asistencia diarios. Subliñar que non chega con asistir á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do alumnado. Se o estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamento dun familiar achegado), terá que optar pola segunda modalidade de avaliación.

O exame teórico da materia (convocatoria oficial), realizarase nas datas sinaladas na páxina web da Facultade: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/graotraballosociallateral/exames-traballo-social-lateral .

As actividades prácticas iranse presentando segundo os prazos que se determinen previamente na aula. Ademais, como indicador de avaliación continua poderanse realizar probas-control individuais sobre exercicios prácticos cuxa cualificación pasará a formar parte do cartafol/dossier.

Modalidade de avaliación presencial para non asistentes con regularidade

O alumnado que opte por non asistir ás clases, tanto teóricas como prácticas, ou non poida, ou pretendendo ser estudante presencial teña máis do 20% de ausencias tanto na parte teórica coma na parte práctica, pasará a formar parte desta modalidade de avaliación.

Nesta modalidade, a avaliación e a superación da materia virá determinada polo exame final teórico e práctico (convocatoria oficial) e pola presentación nese mesmo día do caderno-dosier de actividades teórico-prácticas e do traballo de necesidades

A puntuación destas partes será de ata 50% para o exame teórico-práctico, o 30% para o caderno-dossier, e o 20% para o traballo de necesidades

A principios de curso, a profesora entregaralle ao estudantado que opte por esta modalidade de avaliación un documento coas actividades do caderno-dossier. Este alumnado está obrigado a contactar coa docente a principios de curso para comunicarlle a súa elección por esta modalidade de avaliación.

O estudo da parte teórica da materia poderán facelo a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba dar resposta aos contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvolvidos ao longo do curso e que pode adquirir a través de textos existentes na biblioteca e dos apuntamentos de clase.

Outros comentarios e segunda convocatoria

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

A superación da materia, tanto para estudantes presenciais con asistencia regular coma para os non
asistentes con regularidade, implica puntuar en cada un dos criterios de
avaliación establecidos - como mínimo- o 50 % da puntuación indicada.

De non ter superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.

Tanto para o alumnado da modalidade presencial asistentes con regularidade como para os non asistentes con regularidade, en caso de ter que concorrer á segunda convocatoria, gardaránselles as notas da parte teórica (exame) ou práctica (traballos tutelados, presentacións, caderno etc.) superadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000