Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía básica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Serán sesións máis prácticas onde se verán diferentes materiais (textos orixinais dos autores, tests, programas de intervención, videos etc.) relacionados coas temáticas da materia. Farase un control da asistencia. 20
Traballos tutelados O alumnado realizará 1 traballo, individual ou en grupo, que será tutelados nas sesións de Pequeno Grupo (con control de asistencia). Estes traballos serán expostos ao Gran Grupo nas derradeiras sesións maxistrais (con control de asistencia). 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito, con respostas de desenvolvemento (5-10 liñas), sobre o temario. Serán arredor de 10 preguntas. Para aprobar a materia é necesario obter, polo menos, un 50% da nota total neste apartado. 50
Outras Exame oral (optativo) do traballo individual ou grupal e dunha metade do temario. Será obrigatorio para o alumnado que aspire a Matrícula de Honra e para o non presencial. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Para os asistentes: (presencialidade  nos seminarios e nas titorías de grupo pequeno arredor do 75 %):


O exame escrito, para o alumnado asistente, poderáse facer por parciais (2) a medida que se vaia explicando o temario.


2. Para os non asistentes


O examen escrito (obrigatorio) de toda a materia do temario será o día estipulado para o exame final (tablón de anuncios e páxina Web de la Facultade). O tipo de exame será idéntico ao dos asistentes: unhas 10-15 preguntas con resposta de desenrolo (5-10 liñas). Contará o 60% da calificación final.


O exame oral será obrigatorio. Versará sobre a metade do temario e sobre o traballo. Contará o 20% da nota.


O resto da calificación (20%) outorgarase polo traballo tutelado. Este traballo deberá estar iniciado, polo menos, 2 meses antes do  exame final e será titorizado polo profesor (polos medios que sexa) de forma periódica. Comunicaránselle ao profesor (e recibiráse a confirmación del relativa a) os seguientes pasos: tema, bibliografía utilizada, esquema, borrador e traballo final.


Para a convocatoria de xullo, guardaráselle (no caso de telos superados) a puntuación dos seminarios, do traballo tutelado e do exame.


As datas de exame pódense consultar to Taboleiro de anuncios da Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no seguinte enlace: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000