Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía básica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición xeral, por parte do profesor, dos contidos da materia e das bases teóricas e/ou directrices do traballo a desenvolver polo estudantado. As últimas sesións dedicaranse ás exposicións, por parte do alumnado, dos seus traballos individuais ou en grupo.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico. Empregaranse como complemento das sesións maxistrais. Consistirán na revisión de diferentes materiais (tests, programas de intervención etc.) relacionados cos temas explicados previamente.
Traballos tutelados O/A estudante, de xeito individual ou en grupo de 2-4 membros, elaborará un documento sobre un tema específico da materia. Trátase dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a elección do tema, a procura e a recollida de información, a lectura e o manexo de bibliografía, a elaboración dun esquema do traballo, o resumo da información, a redacción dos apartados, a revisión etc.
Titoría en grupo Entrevistas que o/a alumno/a ou grupo mantén co profesor da materia para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia (especialmente o traballo tutelado) e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000