Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social nos servizos sociais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un traballo sobre os servizos sociais nun sector de poboación, con especial referencia as funcións e intervención do educador social no mesmo.
Estudo de casos/análises de situacións Análise de casos e situacións vinculadas a intervención dos/as educadores/as sociais nos servizos sociais, coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado do traballo realizado e doutras tarefas encomendadas.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000