Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación intercultural e para a paz
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os temas abordados na sesión maxistral serán obxecto de exame con preguntas a desenvolver 40
Seminarios As conclusións dos seminarios serán recollidas cunha reflexión persoal sobre o tema tratado 10
Traballos de aula Serán traballos en pequenos grupos que se recollerán en datas establecidas na aula 15
Traballos tutelados Son traballos en grupos pequenos, cunha supervisión constante por parte do profesor/a 20
Presentacións/exposicións Os traballos realizados en pequenos grupos serán expostos e debatidos diante da clase, valorándose o dominio do tema, a claridade e a capacidade de resposta ás preguntas do profesor/a e compañeiros/as 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, comentando co alumnado a súa situación en cada momento, e no caso de non ser superada na primeira convocatoria de avaliación, continuará os traballos pendentes ata a convocatoria de xullo.

Para non asistentes, pódese deseñar unha actividade semellante naqueles apartados que non requiren presencia (traballos tutelados e exposición 35%) , podendo obter por isto a mesma puntuación que os asistentes, mentres a proba escrita acumula as demais porcentaxes (65%), ata chegar á posibilidade de nota máxima.

FECHA EXÁMENES: A indicada e aprobada como data  oficial pola Facultade. Consultar: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-o/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000