Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Dinámica de grupos e intervención psicosocial comunitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia, participación e realización das actividades propostas polo profesorado.
Puntuación máxima: ata 1.5 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 0.75 punto neste apartado para superar a proba.
15
Traballos tutelados Elaboración de pequenas investigacións ou de proxectos de intervención con grupos.
Puntuación máxima: ata 2 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 1 punto neste apartado para superar a proba.
20
Presentacións/exposicións Exposición dos traballos de investigacións ou dos proxectos de intervención con grupos realizados.
Puntuación máxima: ata 1.5 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 0.75 punto neste apartado para superar a proba.
15
Probas de tipo test Realización dun examen tipo test (preguntas con varias opcións de resposta), que incluirá diversas preguntas cortas de carácter aberto adicionalmente, sobre os contidos do temario. Descontaranse os erros dos acertos nas preguntas pechadas.
Puntuación máxima: ata 5 puntos da nota final. Punto de corte para aprobar este apartado da materia: respostar correctamente á mitade das preguntas.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

REQUISITO PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:

O
alumnado deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nun
prazo máximo de tres semanas facendo constar expresamente a modalidade
elixida, o que implica contactar necesariamente co profesorado a
principios de curso para comunicarlle a súa elección e poder ser
convenientemente avaliado.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Aplicaranse
dous sistemas de avaliación tomando como criterio diferencial a
asistencia ou non ás clases presenciais e ás titorías grupais, dado que a
planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe esixe a presenza do
alumnado sobre todo en aquelas relacionadas coa adquisición de
competencias procedementais e actitudinais, o que implica facer un
seguimento das asistencias mediante controles. Quen sen notificalo teña
una asistencia por debaixo do 70% será considerado a tódolos efectos
como non asistente, salvo causa debidamente xustificada.

Nota: o exame oficial do 2º Período(Cuatrimestre) é o 20 de maio ás 16 h. Revisión o 9 de xuño.

1) Modalidade asistencial: A nota final virá dada pola suma das puntuacións
obtidas nos distintos apartados especificados no cadro superior, sendo
preciso ter superados cada un deles ailladamente.

2) Modalidade non asistencial: A avaliación e a superación da materia virá
determinada polo exame final teórico-práctico (50% da nota final, sendo
necesario obter como mínimo 2.5 puntos dos 5 que integran este
apartado) e pola realización dun traballo tutelado polo profesor que
haberá que presentar na data de exame da convocatoria oficial, previa a
súa exposición (50% restante da nota, sendo preciso acadar como mínimo
2.5 puntos do total dos 5 que se poden obter neste apartado). A nota
final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos dous apartados,
sendo preciso superar cada un deles ailladamente.

SEGUNDA CONVOCATORIA:

As
competencias non superadas, derivadas da totalidade e/ou de parte das
probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na
convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada, tanto na
modalidade asistencial como na non presencial.

Nota: o exame oficial do 2º Período(cuatrimestre) é o 20 de maio, ás 16 h. Revisión, o 6 de xuño, ás 10 h.

Convocatoria de xullo: exame o día 10, ás 16 h. Revisión o 16 de xullo ás 10 h.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000