Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Investigación-acción na práctica socioeducativa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposicións e explicacións por parte da persoa docente que se realizan con respecto aos contidos da materia e tendo en conta as competencias da mesma, nas que se emprega a forma interrogativa para lograr a participación activa do alumnado. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma
Resolución correcta dos problemas e/ou exercicos de clase
5
Traballos tutelados Realización, conforme aos criterios de calidade establecidos, dos traballos tutelados que haberán facerse en equipo de 2 ou 3 estudantes.Asemade tutélanse, aínda que vaian dentro doutro apartado,tanto os "traballos e proxectos" como o "cartafol ou dossier" coa porcentaxe que se indica en cadanseu lugar. No seu conxunto chegan ao 25% 5
Presentacións/exposicións Presentación, exposición e defensa do proxecto realizado polo respectivo equipo de estudantes. 15
Prácticas en aulas de informática A calidade da información recollida nas clases prácticas e o seu empregop efectivo 2
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun mínimo de 4 casos de I-A 4
Actividades introdutorias Estudo desta guía e comentario individual da mesma 2
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito sobre os contidos expostos na clase (de 3 preguntas elexir 2 e resolvelas nun tempo máximo dunha hora) atendiendo a las competencias de la materia. 20
Probas de tipo test Responder a unha proba obxectiva de 30 items e de tres alternativas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. 20
Traballos e proxectos Execución dun proxecto de investigación como traballo tutelado 5
Probas de autoavaliación Respostar rflexivamente a preguntas que se formulen a modo de autocomprobación da adquisición do concepto, proceso e técnicas de recollida de datos da investigación-acción, así como da validación de resultados obtidos. 2
Cartafol/dossier Formado polo conxunto de actividades de aprendizaxe levadas a cabo por cada estudante e a reflexión sobre as mesmas, así como sobre a importancia que teñen na formación da persoa profesional de Educación Social. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Proba-exame:

Como pode verse trátase dun sistema de
avaliación continua no que se fai unha  proba-exame que terá un peso do
40% da cualificación final. Ao respecto compre precisar que constará de
duas partes:
a) Proba obxectiva (30 items de 3 alternativas)
b) Preguntas abertas (a elexir 3 de 5 que se propoñan)

A
cualificación da proba obxectiva farase mediante a aplicación da
fórmula: P=NA - (NE:Na-1), donde: P = puntuación; NA = número de
acertos; NE = número de erros; Na = número de alternativas

A
puntuación da proba de respostas abertas farase conforme aos seguintes
criterios: I) Estructura correcta da resposta en función das
competencias que se avalían; II) Pertinencia de citas e datos; III)
Precisión na resposta contemplando as relacións conceptuais necesarias;
IV) Aportacións propias e orixinalidade; V) Aportacións claras en
relación co "saber facer" vencellado á pregunta que se formula.

Para aprobar a asignatura esíxese superar a proba-exame da mesma, é dicir, obter 5 puntos como mínimo, xa que iso indica que acadou os mínimos competenciais esixibles.

Datas exames e revisións:

A proba-exame desta materia será o día 12 de xaneiro e a revisión de cualificacións o día 29 do mesmo mes.

A proba-exame de xullo (2ª convocatoria) será o día 8 e a revisión de cualificacións o día 21 do mesmo mes.

2ª convocatoria (xullo):

A
proba-exame de xullo, cunha estructura análoga á de xaneiro, haberá de
facela o alumnado que non consiga o aprobado na asignatura na
convocatoria ordinaria. Incluirá aqueles aspectos que haxan de valorarse
por considerarse indicadores das competencias da materia,
sobre todo no caso das persoas que, por razóns debidamente
xustificadas, teñan máis dun 20% de ausencias a clase ou que, aínda con
porcentaxe inferior de ausencias, non entregasen nos prazos oportunos os traballos que
permitan avaliar o logro de competencias propias da materia a partir da
participación activa na clase. Quen aprobe esta proba enténdese que superou os mínimos competenciais esixibles para superar a materia. Convén, pois, que a preparación da proba polo alumnado estea tutelada polo profesor.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000