Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Investigación-acción na práctica socioeducativa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, problema a resolver, exercicio a realizar, proxecto a levar a cabo polo estudantado ou proposta dun caso de investigación acción na práctica socioeducativa para reflexión e análise.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade na que se formulan problema e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.
Traballos tutelados Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da asignatura para asesoramento/desenvolvemento de actividades da asignatura e do proceso de aprendizaxe.
Presentacións/exposicións Actividades nas que o alumnado, trala orientación do profesor, prepara e expón mediante diapositivas un proxecto de investigación-acción, os resultados da súa realización e a proposta do informe final.
Prácticas en aulas de informática Búsqueda de organizacións relacionadas coa I-A na práctica socioeducativa, teses doutorais realizadas, bibliografía existente na biblioteca da U. Vigo, informes relacionados coa I-A como aspecto fundamental na formación do educador/a social.
Estudo de casos/análises de situacións Lectura e estudio de duas experiencias de I-A para realizar a análise das mesmas como procesos nos que se parte dun problema e se quere chegar a unha mellora da práctica socioeducativa, así como da formación da persoa profesional da Educación Social
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a asignatura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000