Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa na infancia e adolescencia en situación de risco social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
Exposición por parte do alumnado en formato vídeo dun tema sobre os contenidos del proyecto
10
Estudo de casos/análises de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20
Proxectos

Elaboración dun proxecto, que se valorará cos criterios expostos na rubrica na plataforma Moodle.
20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª CONVOCATORIA.


DATA DO EXAME: 17 de Decembro ás 10 h. da mañá.


DATA DE REVISIÓN: 29 de Xaneiro de 10 a 12 h. da mañá.




CONVOCATORIA XULLO


DATA DO EXAME: 30 de Xuño as 18 h.


DATA DA REVISIÓN: 16 de Xullo de 10 a 12 h da mañá.




CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA


DATA DO EXAME: 15 de Outubro as 10 h.


DATA DA REVISIÓN: 4 de novembro ás 12 h.






ALUMNADO ASISTENTE (con polo menos, unha asistencia do 70% equilibrada nos diferentes tipos de sesións):


- A data para a entrega das diferentes actividades individuais (28 e 29 de Outubro), proxecto e exposición grupal (9 e 10 de Decembro), en formato papel.


- Para o alumnado de avaliación continua o desenvolvemento do traballo con todas as metodoloxías sinaladas é obrigatorio, así como acudir a clase regularmente (polo menos ao 80% das sesións). O non cumprimento destes extremos leva non ser cualificado a través da avaliación continua e pasará a realizar o proxecto e a exposición de forma individual.


- Aqueles estudantes que non acudan a clase con regularidade, considéranse alumnos non presenciais e deberán realizar as actividades, e o proxecto e exposición de forma individual e non se considerará avaliación continua. Data de entrega o 17 de decembro ás 10 h, día do exame.


-O alumnado asistente deberá cubrir unha ficha cos seus datos.


ALUMNADO NON ASISTENTE.


-O alumnado non asistente deberá concretar coa profesora  os traballos/materiais/etc. a realizar, como máis tarde, no mes de outubro e facer a súa entrega o mesmo día en que realice o exame oficial da 1ª e 2ª convocatoria.



-O lugar de publicación das cualificacións e da revisión será no taboleiro de anuncios do despacho da profesora responsable e/ou en Faitic. A data de revisión sinalarase na listaxe de cualificacións exposto.


TUTORÍAS.


Realizaranse no despacho situado en 2º pavillón, baixo, despacho nº 26 no horario estipulado. De non poder acudir a tutorías presenciais levasen a cabo a través de skype previa cita.


OBSERVACIÓN.


Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que levarán a cabo co alumnado na materia, concibíndose con certa flexibilidade; en consecuencia, pode requirir algunha rectificación promovida polo grupo de destinatarios real ou pola relevancia de situacións sobrevindas. Así mesmo, achegarase ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000