Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Estratexías de aprendizaxe en contextos socioeducativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Construción de información e investigación autónoma e activa. 10
Titoría en grupo Seguimento do traballo dos estudantes. 10
Debates Nivel de participación e compromiso. 5
Traballos tutelados Valoración da calidade dos traballos presentados 25
Presentacións/exposicións Presentación e defensa dos proxectos e programas de innovación educativa. 10
Probas de tipo test Proba obxectiva. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Indícase, así mesmo, que se conservarán as cualificacións das competencias acadadas superadas para a seguinte convocatoria de xullo, na cal os alumnos e as alumnas avaliaranse tan so das competencias/partes/probas non superadas na convocatoria anterior.


Os estudantes non asistentes deberán presentarse á proba tipo test (ata 40% da nota) e ademáis deberán entregar un traballo de investigación teórico-práctico sobre algunha das temáticas da materia (ata 60% da nota). Este traballo deberá ser previamente consensuado co docente da materia.


As datas do exame final correspondente ás convocatorias de maio-xuño e xullo poderanse no taboleiro de anuncios da Facultade e tamén na súa web no enlace http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000