Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Xénero e educación social
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Integrar criticamente os supostos teóricos, filosóficos, históricos, sociolóxicos, psicolóxicos, pedagóxicos, culturais, políticos, lexislativos que están na base dos procesos de intervención socioeducativa
A2 Estar capacitado/a para o diagnostico e a mediación na prevención e resolución de conflitos en condicións de desigualdade e crises en comunidades socioeducativas
A3 Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...)
A8 Potenciar estruturas e procesos de participación e acción comunitaria, aplicando programas e técnicas de intervención (dinámica de grupos, motivación, negociación e promoción da asertividade...)
A12 Deseñar, aplicar e avaliar programas e estratexias de intervención socioeducativa no ámbito do desenvolvemento comunitario e cooperación ao desenvolvemento
A18 Ter capacidade para potenciar as relacións interpersoais, desenvolver habilidades de comunicación interpersoal, solidariedade e empatía
B8 Capacidade crítica e autocrítica
B12 Compromiso ético
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000