Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Diagnóstico e análise de necesidades socioeducativas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
Estudo de casos/análises de situacións Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. Realizarase xeralmente dentro das sesións maxistrais, tratando así de que se fagan máis participativas e propicien a realización de exercicios escritos que se poidan recoller e avaliar.

Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e redacción de informe. Nesta asignatura o principal traballo tutelado será o dun proxecto de análise de necesidades socioeducativas.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. Nesta materia concreta aplicarase a estudos de caso e análise de situacións relacionadas co diagnóstico e análise de necesidades socioeducativas.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun proxecto previamente elexido e tutelado polo docente. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000