Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Psicoloxía: Psicoloxía social Código O05G130V01301
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Fernández González, Ángel
Correo-e afdez@uvigo.es
Profesorado
Fernández González, Ángel
Web
Descrición xeral A Psicoloxía Social constitúe unha disciplina ponte entre a Psicoloxía Xeral e a Socioloxía que aborda procesos que teñen que ver coas relacións interpersoais, coa interacción e influencia social a diferente nivel (interindividual, grupal, organizacional, comunitario e social). Trata de articular o nivel individual e social ao estudar fenómenos que son simultáneamente psicolóxicos e sociais, tendo como referente a determinación mutua entre procesos mentais e sociedade: é o característico do enfoque psicosocial.
A materia de Psicoloxía Social ofrece contribucións relevantes a nivel teórico, metodolóxico, así como práctico de cara ao curriculum formativo en Educación Social, na medida en que trata temas que teñen que ver cos procesos psicosociais básicos que subxacen ao comportamento social (as bases nas que se asenta ese comportamento, a percepción e cognición social, relacións sociais, comunicación, comportamento prosocial e agresivo, etc.), as actitudes, os grupos, e as organizacións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000